www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 28 de Marzo de 2020

O banco de Cedeira "blíndase" contra a acción dos vándalos
Sociedade • 13/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O popular banco de madeira instalado hai anos no coñecido como Campo da Rata presenta unha nova imaxe. Fartos de que este asento de madeira sufrirá continuos danos e que incluso chegaran a prenderlle lume deixando a súa estrutura practicamente inservible, uns veciños da parroquia decidiron facer unha réplica en metal, para poñerlle así máis difícil a acción dos vándalos.


O novo banco, que presume de ser "o mellor banco do mundo" pola súas impresionantes vistas sobre a ría de Vigo, volve estar operativo cunha estrutura máis resistente. A réplica en metal é obra de dous veciños da zona Antonio Sobrado e Iván Castro, quen se encargaron de retirar o banco de madeira que no seu día realizara Fran Peixoto e reproducilo xa nun material máis resistente apra aguantar os ataques dos vándalos.


A nova instalación está realizada con chapa galvanizada, pintada en verde e co lema "Galicia its different" en vermello. Pesa 55 kilos e está xa aparafusada á rocha para que todo o que o desexe poidan dende alí, e comodamente sentado, contemplar unha vista inmellorable da ría de Vigo coa Ponte de Rande, as bateas e a Illa de San Simón ao fondo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: