www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

Sobe o pano do teatro nas parroquias
Cultura • 9/09/2010
Autor: Ana Prieto

Desde a organización dos cursos que comezan en Chapela, Ventosela, Negros e Vilar animan á xente de todas as idades a achegarse ás aulas de teatro. Chusa Couñago, encargada de impartir as aulas, amósase moi satisfeita co resultado da actividade, organizada polas concellarías de Participación Cidadá e Normalización Lingüística.


Fomenta o traballo en equipo, mellora a autoestima e favorece as relacións persoais dun xeito lúdico e creativo. Falamos do teatro, que un ano máis chega a diferentes parroquias de Redondela da man de Chusa Couñago. A mestra, con 20 anos de experiencia teatral, salienta que a inciativa das concellarías de Participación Cidadá e Normalización Lingüística é "moi positiva". O feito de levar estes obradoiros ás parroquias permite ós veciños participar en actividades culturais, xa que para moitos sería difícil desprazarse ó centro da vila e participar da súa programación. Couñago anima a veciños e veciñas de todas as idades a achegarse a estes obradoiros, para coñecer de primeira man como funcionan, xa que a participación está aberta "a todo o mundo".
Unha vez rematado o curso, no mes de xuño, as obras de teatro dos diferentes grupos represéntanse en distintas parroquias, xa que se inclúen na Programación Cultural de Intercambio Parroquial.
Os cursos comezan este mes e o prazo de inscrición está aberto, tanto para os nenos como para os adultos. Hoxe xoves desprázanse a Ventosela, na Asociación Cultural A Miñoteira, onde se desenvolve a aula de teatro infantil de 16.00 a 18.00 horas. Os venres é a quenda de San Estevo de Negros e Vilar de Infesta. No Centro Cultural de Negros estarán na aula infantil de 18.15 a 20.15, no Centro Cultural de Vilar celébrase o curso para adultos de 20.30 a 22.30. O luns estarán en Chapela, no Multiusos do Piñeiral, en horario de 20.30 a 22.30 para adultos. Os interesados en participar poden informarse e inscribirse nestes mesmos horarios.

Comentarios
Xai Mexei
Venres 10 de Setembro de 2010 ás 22:23 horas
¿Non sei de que me soa o teu nome Tose Seco? Pero ao respecto teño que decir que non dixemos nada porque é impopular e os que non van fecelo cursiño favorecenos electoralmenet que epensen que os cursiños son de balde pero cobramos 20 euros/mes e a profe é unha amija do partido.

Estamos en conversas con Tanxarina para facer unha escola de títeres máis que nada por non exercer eu que fun mestre de escola e sei tódols segredos dos títeres pero xa é hora de xubilarse e darlle paso a xente nova
M. VUTOSE SECO
Venres 10 de Setembro de 2010 ás 13:03 horas
Pero se sobe o pano quere dicir qué vai a ser inda mais caro qué podes ir a sobar o pano do teatro ou qué podes dar unha cabezada onde está o pano?
Xaime Rei
Xoves 9 de Setembro de 2010 ás 20:31 horas
Ao remate do curso haberá practicas na empresa pleno municipal.
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: