www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 4 de Abril de 2020

O PP esixe a Deputación e Concello que melloren a seguridade na estrada do Viso
Política • 19/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Carmen Amoedo lembra que son aproximadamente 2 km de estrada sen beirarrúas, entre Cesantes, O Viso e Alxán, con zonas moi perigosas nas que ou ben non existe beiravía ou remata nunhas cunetas moi altas. Aseguran que máis dun veciños ten sufrido algunhas caída e lembran que un peón foi atropelado na zona o pasado mes de novembro.


O Partido Popular reclamará na Deputación de Pontevedra máis medidas de seguridade e a construción de beirarrúas na EP-2901, entre Cesantes, O Viso e Alxán. Neste sentido anuncian que presentarán mocións no Concello de Redondela e na institución provincial para conseguir o apoio dos Gobernos e que dean unha solución á inseguridade que sofren diariamente usuarios desta estrada, na que ademais circula moito tráfico pesado.


Así o trasladaron aos veciños deste lugar a voceira local do partido e deputada provincial, Carmen Amoedo, que xunto aos tamén deputados Alfonso Marnotes e Alejandro Lorenzo, e concelleiros visitaron a estrada. Os veciños recollerán sinaturas para sumarse á petición.


Amoedo sinala que "son aproximadamente 2 quilómetros de estrada sen beirarrúas, con zonas moi perigosas onde ou ben non existe beiravía ou remata nunhas cunetas con moita altura, nas que xa máis de un veciño caeu, provocándolle lesións de consideración". As únicas beirarrúas que hai están no entorno da Igrexa e, ademais, non cumpren en accesibilidade.


Por último, recorda que en novembro morreu atropelado un veciño cando ía camiñando por esta estrada ao non ter ningún espazo no que ir protexido.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: