www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

A III Bandeira Feminina da Concha tamén é redondelán
Deporte • 13/09/2010
Autor: Lorena Otero

Onte o equipo feminino das Rías Baixas, no que atopamos ás redondelás Lorena Fernández e Silvia Úbeda é a veciña de Cesantes Verónica Lago fixéronse por terceiro ano consecutivo coa Bandeira de Donostia que se disputou nas augas da Baía de San Sebastián.


A traiñeira galega Rianxeira Rías Baixas alzouse onte, por terceiro ano consecutivo, coa vitoria da III Bandeira Feminina da Concha. As trece remeiras e a patroa da embarcación, procedentes dos clubs Samertolaméu de Meira, Bueu, Cabo de Cruz (Boiro), Náutico de Vigo e Mecos (O Grove) lograron imporse con superioridade ás súas competidoras Getaria-Tolosa, Zumaia e Bizkaia, demostrando sobre todo no segundo e último longo da proba, cun percorrido de milla e media que podían levarse esa vitoria.


As galegas cruzaron a meta cun tempo de 11:11:32, conseguindo unha diferencia co seu rival, Getaria-Tolosa de 17 segundos e tres máis sobre as terceiras, as remeiras de Zumaia. A 35 segundos da embarcación Rías Baixas e en cuarta posición quedou a Bizkaia.


Malia que o mar non presentaba as mellores condicións, ao estar algo picado, e aínda que a regata comezou moi igualada, nada máis chegar a mar aberto e na primeira volta, as once remeiras galegas, entre elas as redondelás Lorena Fernández e Silvia Úbeda, xunto a veciña de Cesantes, Verónica Lago, comezaron a marcar as distancias que xa non lles arrebatarían ata chegar a meta e conseguir proclamarse campionas da III Bandeira da Concha. As remeiras recibiron de mans do alcalde de San Sebastián a Bandeira da Concha, que ademais do trofeo, leva un premio en metálico de 6.200 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: