www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O Choco estáncanse no empate
Deporte • 13/09/2010
Autor: Lorena Otero

O Choco B en Terceira Autonómica foi o único que sumou tres puntos esta xornada fronte ao Moledo. O Chapela empataba en Domaio mentres que o Arcade e o Nespereira perdían fronte ao Valadares e o Liréns, respectivamente.


Rexional Preferente


Pontellas-Choco (1-1) Despois de comezar a tempada cun empate a un fronte ao Céltiga os redondeláns repiten resultado no campo do Pontellas. O Choco comezou con bo xogo e moitos lanzamentos a porta durante a primeira parte o que se plasmou no tanto que anotaba Richi no minuto trece. Pero os choqueiros confiáronse e o Pontellas non desaproveitou a ocasión. Iago anotaba o gol do empate no minuto 38.


Os cambios efectuados no once inicial dos locais fixo que os redondeláns case non pasaran da súa área durante os últimos 45 minutos de partido. Só tiveron unha ocasión clara durante a segunda metade, a protagonizada por Richi no minuto 61 cun lanzamento a porta que sería desviado por un dos xogadores do Pontellas que remataba en córner.


Dous empates que deixan ao Choco na segunda metade da táboa, no posto décimo cuarto con tres puntos, pero a próxima semana terá a oportunidade de mellorar estes resultados xa que recibirá en Santa Mariña ao Ourense B, que se atopa dous postos por baixo dos redondeláns.


 


Primeira Autonómica


Domaio-Chapela (2-2) O Chapela salva o partido nos tres últimos minutos grazas a un penalti. Malia que os redondeláns foron os encargados de abrir o marcador no minuto 28, cun lanzamento de Miguel, na segunda parte os xogadores do Damaio conseguía empatar o partido cinco minutos despois de reanudar o encontro. Un erro do redondelán Jacobo, que anotaría en propia porta permitiría aos do Morrazo adiantarse no marcador. O empate chegaría no minuto 87 logo de que o árbitro Barreiro Reboredo expulsara ao xogador do Domaio, Zoco, por vermella directa.


Empate a dous tantos que deixa ao Chapela na segunda posición por baixo do Guardés. A vindeira xornada serán os xogadores do Moaña, quintos na clasificación, os que crucen a Ría para medirse co Chapela.


Valadares-Arcade (3-0) O Arcade afúndese na parte baixa da táboa logo de perder fronte ao Valadares. Aos de Soutomaior fíxoselles costa arriba o campo do Valadares que non tiveron problema para imporse ao seu rival. Dominaron o partido dende o primeiro minuto o que se reflectiu nos tres tantos que lle anotaron ao Arcade. Un resultado que deixa aos de Soutomaior no terceiro posto pola cola e non o terán nada sinxelo a próxima semana porque recibirán ao Mondariz, sétimo na clasificación.


 


Terceira Autonómica.


Choco-Moledo (5-1)Vitoria para o Choco B que non tivo problema para imporse ao Moledo. Festa de goles para os redondeláns que lle anotaban cinco tantos ao Moledo, aínda que os visitantes anotaron un gol a superioridade dos locais non lles permitiu poder acurtar distancias. Cinco a un foi o resultado do encontro que deixa aos choqueiros no segundo posto da Terceira Autonómica. Á próxima semana terá a oportunidade de arrebatarlle o liderado ao Coia, co que está empatado a puntos, se lle gaña ao Lavadores, penúltimo da categoría no grupo dezanove.


Liréns-Nespereira (3-2) O Nespereira non comezou con bo pé a tempada. Despois da derrota deste fin de semana fronte ao Liréns o seu marcador continúa a cero e métese na segunda metade da táboa. Aínda que tivo oportunidade de empatar o encontro os de Nespereira faltoulles acerto. Cun tres a dous pecharon o marcador que os deixa na décimo primeira posición. Esta semana terá que preparar un encontro difícil porque a próxima semana visitarán o campo do Nespereira os segundos da táboa, o Cañiza.


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: