www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Redondela contará con novos talleres ferroviarios en abril do 2010
Institucional • 3/08/2009
Autor: Lorena Otero

O Ministerio de Fomento vén de sacar a licitación as obras dos talleres ferroviarios para o tren de alta velocidade do Eixe Altlántico, que se intalará no patio de vagóns da estación de Redondela. A obra contará cun orzamento de 12 millóns de euros e un prazo de execución de 16 meses.


O obra responde segundo o Ministerio de Fomento á imposibilidade de empregar os talleres que existen na actualidade, situados no recinto da estación de Urzais, polo que o Goberno central decidiu trasladalos ata Redondela para garantir a continuidade do servizo ferroviario durante todo proceso de construcción da rede de alta velocidade viguesa. Os novos talleres situaranse no patio de vagóns da estación redondelán, que na actualidade non están sendo empregados, e contarán con acceso ferroviario tanto para os trens da zona portuaria de Guixar como das futuras composicións procedentes da terminal de Urzaiz.

A nave proxectada terá unhas dimensións de 210 x 28 metros e unha altura libre sobre cabeza de carril de 7,20 metros. A infraestructura estará composta por estrutura metálica cimentada sobre pilotes con catro vías en fondo de saco para os traballos de mantemento, tamén incluíra espazos para oficinas, almacéns, comedores e aseos. Ademais construirase unha vía adicional para manobras e se modificará a cabeceira da estación. As obras que sacou a licitación o sábado Fomento por un valor de 11.998.884 euros tamén inclúen a remodelación e pavimentación dos accesos por estrada, a ampliación da zona de estacionamento no patio, así como o peche exterior e o alumeado do recinto ocupado polos novos talleres e a electrificación das novas vías.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: