www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Soutomaior subvencionará ás familias con menos recursos o comedor do Padín Truiteiro
Institucional • 14/09/2010
Autor: Lorena Otero

A achega será do 50% do custe total do uso do comedor para o segundo ciclo de infantil e en educación primaria. O prazo de solicitude é de un mes dende o mércores 15 de setembro.


O Alcalde de Soutomaior asinou onte un convenio de colaboración cao ANPA do colexio Manuel Padín Truitiero para a xestión do comedor escolar. O convenio establece axudas económicas para as familias con dificultades para asumir o custe do servizo de comedor .


Deste xeito o concello, que destinará a estas achegas 10.000 euros como máximo, quere manter este servizo, que segundo apuntan dende a Administración Local non só cumpre unha función básica para a alimentación e nutrición dos cativos senón que tamén ten un valor social.


O período de solicitude abrirase este mércores, 15 de setembro, até o 15 de outubro. A subvención financiará o 50% do custe total do uso do comedor no caso do segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria.


Para a concesión das axudas terase en conta os ingresos da unidade familiar así como se se trata de familias numerosas. Poden obter máis información no departamento de Servizos Sociais de Soutomaior no 986 70 51 14 ou na páxina web do concello.


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: