www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Setembro de 2020

Emilio Santiago: "A única ferramenta para deter o avance do virus é o illamente social"
Sociedade • 17/03/2020
Autor: Ana Prieto

Santiago Nieto, médico de atención primaria en Redondela, advirte que a única ferramenta para atallar os contaxios do COVD-19 é o "illamento social". Insiste en que é "impresicible" que toda a cidadanía sexa "responsable". No centro de saúde só se realizan presencialmente as consultas que son "estrictamente necesarias", e o resto resolvense telefonicamente.


A alerta sanitaria pola pandemia do coronavirus tamén afecta aos centro de atención primaria, como é o caso do PAC de Redondela, e o de Chapela. Emilio Santiago, médico de familia, explica que se reprogramou toda a axenda dos centros, para evitar que os pacientes es despracen se non é "estrictamente necesario". Os doutores están a atender telefonicamente aos doentes en todos os casos nos que é posible. Deste xeito, evítanse concentracións de persoas nos centros, especialmente as persoas maiores e os que teñen factores de risco. Non se trata dunha gripe nin dun virus común, xa que é "algo novo", como explica Santiago Nieto, polo que a poboación non ten "ningún tipo de inmunidade" ante o COVID-19, e tampouco existe tratamento nin vacina. Por iso a única ferramenta eficaz para frear a expansión do contaxio é o illamento social, xa que se trata dun virus cunha alta tasa de contaxio. O doutor explica que é importante "aplanar a curva de contaxios", para que a poboación se vaia facendo inmune "pouco a pouco". Afirma que aproximadamente un 60% da poboación acabará contaxiada, e que o importante é que os contaxios "non se produzan nun espazo de tempo breve", para que todos poidan recibir a asistencia que precisan. Insiste en que é "responsabilidade de todos", tanto de xeito individual como colectivo, frear esta pandemia para que os servizos sanitarios non se vexan "desbordados". Aproximadamente un 90% da poboación que se contaxie poderá pasar o COVID-19 sen complicacións, pero que o 10% restante, sobre todo persoas de idade avanzada ou con outros factores de risco, sufrirá a enfermidade de xeito máis grave, polo que é importante "evitar a propagación". Sinala tamén que, ante calquera dúbida de padecer o virus, a cidadanía pode chamar aos teléfonos de información facililatados polo Sergas, 900 400 116, ou ao seu propio centro de saúde. O seu médico de familia valorará a súa situación e daralle as recomendacións axeitadas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: