www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Fomento e Xunta manteñen o pulso pola ampliación de Rande
Sociedade • 14/09/2010
Autor: Ana Prieto

En plena polémica sobre a urxencia ou non de ampliar a ponte, onte rexistrouse un gran atasco provocado polo choque entre dous turismos na saída do Morrazo. Foi ás oito da tarde, e aínda que o sinistro foi leve e só provocou algúsn danos materiais, as retencións duraron unha hora e afectaron a Teis e parte do centro urbano de Vigo.


O Goberno galego mantén que a ampliación da ponte non é a prioridade, senón a construción das dúas novas autovías A59 e A57 de Vigo-Pontevedra e Pontevedra-Confurco. Foi o Ministerio de Fomento o que cambiou a súa opinión, xa que hai poucos meses tamén apostaba por dar prioridade ás autovías. Pero agora insisten en que o urxente é a ampliación de Rande, porque é unha solución máis rápida. O pulso entre Xunta e Fomento coincide cos maiores volumes de tráfico na historia da ponte que une Redondela e Morrazo, preto de 80.000 vehículos, e atascos diarios por simples incidentes, como o de onte. No entanto, a Xunta e o Concello de Redondela consideran que continúa sendo válido o seu punto de vista para articular a mobilidade da área metropolitana: urxe construír a A-59 e A57, autovías gratuítas que reducirían o tráfico na ponte e evitarían que este viaduto e a autoestrada sigan gañando tráfico, o que provocaría máis atascos , ao confluír toda a circulación por unha mesma entrada. No entanto, Fomento non respondeu até o momento á proposta lanzada polo Executivo galego e mantén o seu novo plan, que pasaría por investir ao redor de 170 millóns de euros para gañar un terceiro carril desde Teis até O Morrazo que sería exclusivo para os tráficos entre ambas as marxes da Ría. Goberno galego e Concello de Redondela advirten, tal como denuncian os veciños, que tamén que provocaría un importante impacto social e ambiental en Chapela, pero o ministro non responde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: