www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 27 de Maio de 2020

Ferido un veciño de Saxamonde tras precipitarse dende unha árbore a 9 metros de altura
Sucesos • 2/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Un home de 32 anos de idade resultaba ferido grave este martes tras caer dunha árbore na que estaba a traballar. O ferido estaba nunha leira nas proximidades da súa vivenda realizando traballos a unha altura considerable e suxeito por unha corda cando, por motivos que se descoñecen, precipitouse ao chan. Foi trasladado ao Hospital Cunqueiro con prognóstico reservado.


Os feitos tiveron lugar pasadas as seis da tarde do martes cando este veciño de Saxamonde estaba a realizar traballos nunha finca da súa propiedade na zona de Casal do Monte. Logo de recibir unha chamada ao 112, ao lugar desprazáronse efectivos da policía local e do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia que trasladaron ao ferido ao centro hospitalario onde quedou ingresado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: