www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

As axudas do IGAPE inauguran a quincena de conferencias da Asociación de Empresarios.
Institucional • 15/09/2010
Autor: Lorena Otero

As subvencións ás que poden optar os empresarios de Redondela, as redes sociais, as novas tecnoloxías e as obrigas tributarias dos autónomos centran os seminarios que organiza a Asociación de Empresarios este mes. Todas as charlas comezarán ás 20.30 horas na sede da Asociación.


O subdirector de información especializada do IGAPE, Miguel Fidalgo Iglesias, será o encargado de inaugurar unha serie de conferencias que organiza a Asociación de Empresarios en colaboración coa Confederación de Empresarios de pontevedra dirixidas ao sector. Fidalgo Iglesias falará sobre as liñas de axudas e apoios a pemes e emprendedores na eurorrexión.


Mañá xoves continúan as charlas coa conferencia "Innovación 2.0 redes sociais orientadas ao negocio", onde os asistentes poderán coñecer as distintas redes sociais existentes e como estas poden axudar a promocionar e xerar oportunidades de negocio para a empresa.


A vindeira semana os días 21, 22 e 23 internet será a protagonista dos seminarios, "Internet como instrumento para a investigación de mercados e a comercialización" onde se lle proporcionarán aos empresarios coñecementos de como poder levar a cabo un negocio na Internet, as necesidades para posicionar a súa empresa na rede e a deseñar estratexias para a venta a través da rede.


O ciclo continuará os días 28 e 29 de setembro con dúas xornadas dedicadas aos autónomos e as súas obrigas tributarias. Os traballadores por conta libre poderán coñecer as súas obrigas impositivas así como escoller a mellor opción para a súa empresa.


Os seminarios rematarán o día 30, cunha charla sobre cálculo de prezos para a empresa, coñecendo as diferentes políticas de fixación de prezos que ten a empresa. Todas as conferencias celebraranse na sede da Asociación de Empresarios de Redondela, sita na rúa José Regojo número dous, en horario de 20.30 a 22.30 horas.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: