www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 16 de Outubro de 2019

A imaxe e as mariscadoras novidades do Programa Clara
Institucional • 15/09/2010
Autor: Lorena Otero

Ponse en marcha o Programa de inserción socio-laboral Clara que este ano conta cun grupo formado unicamente por mariscadoras e un obradoiro de Imaxe persoal para reforzar a auto estima das participantes. Os cursos de ocupación centraranse na área de paisaxismo e restauración ambiental.


 


"Queremos estar e aquí estamos" así daba a benvida a concelleira de Servizo Sociais, Rosa Costas, ás participantes do Programa Clara que comeza este xoves, día dezaseis, a súa terceira edición en Redondela. Un programa de sensibilización, formación e emprego, dirixido ás mulleres que organiza a Concellería de Servizos Sociais en colaboración co Instituto da Muller, co obxectivo de axudar ás participantes a mellorar a súa auto estima, rematar cos complexos para que melloren a súa inserción social e axudalas no momento de buscar emprego.


Tres meses e medio de programación, dende hoxe até finais de decembro, que dividiranse en tres fases: a primeira abordará a Motivación Persoal, onde se traballarán habilidades sociais e perspectivas de xénero. Este ano conta como novidade cun obradoiro de Imaxe persoal para reforzar a auto estima e o cambio persoal que buscan as participantes, xa que como destacaba a concelleira, a nosa imaxe é moi importante a hora de presentarnos nunha entrevista de traballo. Como debemos vestirnos, cal debe ser a nosa aparencia e o noso comportamento serán algúns dos aspectos que se aborden nesta parte do programa.


A segunda fase céntrase no mercado laboral e a busca activa de emprego e na última das tres partes desenvolverase a formación ocupación, que nesta edición cambia de campo e oriéntase á restauración ambiental e o paisaxismo, deixando á marxe a área socio-sanitaria das pasadas edición onde as participantes realizaron cursos de auxiliar de xeriatría e asistencia a domicilio.


Os obradoiros e charlas diríxense a mulleres e impartiranse en horario de mañá. Este ano como novidade polas tardes organizarase un grupo especial centrado nas necesidades específicas das mariscadoras co fin de favorecer a actividade deste colectivo, que segundo destacaba a responsable do programa, Cristina Piñeiro "é moi importante para Redondela e é pouco valorado socialmente".


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: