www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

A CIG esixe a recolocación dos 320 traballadores despedidos nas obras do AVE en Redondela
Sociedade • 17/09/2010
Autor: Ana Prieto

Desde o sindicato instan ó Concello de Redondela a presionar a Fomento para que se contrate traballadores da comarca para estas obras. Sería como unha "contraprestación" para a sociedade polos prexuízos que as obras do Val do Maceiras causan os veciños.


A tuneladora atrancada este verán está xa desbloqueada, por iso os empregados reclaman ao Ministerio de Fomento que renove as obras para que se poidan incorporar aos seus postos de traballo os 170 que quedaron na rúa en agosto, tras a paralización da máquina. A estes despidos viranse a sumar este mesmo mes outros 150 traballadores, a maioría xustificados por finalización de traballo. Pero a obra, tal como denuncia a CIG "non está rematada". Xulio Vicente, da CIG Construcción, denuncia a "improvisación e escurantismo" das empresas e do propio Ministerio de Fomento, e esixe a recolocación dos traballadores despedidos "tal e como prometeron desde a Xunta e o Concello de Vigo". Neste sentido Vicente fai tamén un chamamento ó Concello de Redondela, ó entender que o alcalde, Xaime Rei, debería "presionar" ó Ministerio de Fomento para que se contrate "a traballadores da comarca" para realizar as obras. Ao seu entender sería como unha "contraprestación" para a sociedade polos "graves prexuízos" que estes traballos no Val do Maceiras están a causar ós veciños. Agora a maioría dos operarios da obra son de fóra, e só un 15% pertencen á Area Metropolitana de Vigo.


En canto ás condicións laborais dos traballadores nas obras do AVE, denuncian que a súa situación é "precaria", con longas xornadas de ata 13 horas dentro do túnel. Ante situacións de "indefensión" como a vivida por estes traballadores, con despidos improcedentes e coaccións, a CIG cre máis necesario que nunca mobilizar á cidadanía. Por iso defenden a convocatoria de folga xeral para o próximo día 29. No sindicato nacionalista son conscientes de que "chega tarde" e que deberían terse feito xa antes, pero salientan a necesidade de que a reposta dos traballadores "sexa masiva" para evitar unha reforma laboral que supón "un pau" á clase obreira.

Comentarios
kmaisdá
Luns 20 de Setembro de 2010 ás 14:37 horas
bos dias home se keren recolocalos k falen con fita e k os coloke en calkera cousa coma na radio mesma so fai falta ter pouca vergonza e unhas voas rodilleiras
Entroido de Verán
Luns 20 de Setembro de 2010 ás 14:30 horas
En Redondela sabemos ben como recolocar ao persoal. Por sorte o noso concello no escatima en gastos para organizar grandes eventos donde prima a colocación do persoal coma o carnaval de verano millo verde etc.
Miguel
Venres 17 de Setembro de 2010 ás 15:35 horas
Estaría ben que Jaime Rey presionara si é que pode presionar para que Fomento contrate a traballadores da comarca nas obras do AVE cando non exerceu ningunha presión para minimizar ao mínimo os efectos daninos contra os veciños do seu concello pola construción do AVE por Redondela. Está ben que a CIG se faga comprice das empresas constructoras que participan da construcción do AVE en Galicia que ben a destruir precisamente e gravemente a nosa terra á que eles din amar tanto pa exprimila e presionen todo o que poidan a todas as administracións para que furen e furen e volten a furar peor que paguen e ben . . . .pero ben que queiran facernos aos redondeláns comprices da destrucción do noso territorio do noso medio etc. ..! Está ben que a CIG se lembre dos traballadores extranxeiros que están no paro pero debe reflexionar que os trabalaldores despois de traballar tamén teñen que disfrutar dunha calidade de vida da que aos traballadores residentes en Redondela e arredores das obra sdo AVE senos está privando. As obras van durar uns anos e despois que? Todo o que destruen son recursos e riqueza de todos e da que depende en boa parte a nosa subsistencia pero vendamos o pais por un puñado de euros que despois habemos de comer terra esteril auga e aire envenenados panga do Vietnan e perca do lago Victoria ....

Vendamos a nai que nos pariu se dan cartos por ela!
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: