www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Vitoria e empate para o balonmán local na primeira xornada de liga
Deporte • 20/09/2010
Autor: Lorena Otero

O Paraxes Construcciones impúñase ao Calvo Xiria na casa por 29 a 23 mentres que a Sar non tiña tanta sorte e empataba a 29 tantos co OAR Coruña.


Paraxe Construcciones-Calvo Xiria (29-23) O Paraxe preséntase oficialmente ante os seus seareiros cunha vitoria. Logo dos bos resultados obtidos na Copa Deputación, os chapeláns presentábase de xeito oficial ante o seu público este sábado na  Bomboneira fronte o Calvo Xiria. Os de Fran Teixeira non tiveron dificultade para imporse no marcador ante un Calvo Xiria que non ofreceu moita resistencia.


Vitoria para o Paraxe que quedan terceiros de primeira nacional, por baixo do Magope, segundo, e o Atlético Novas, líder. A próxima semana visitarán a comarca da Louriña para enfrontarse ao Porriño, quintos do grupo. O partido disputarase no Pavillón de Deportes do Porriño o sábado a partir das 18.00 horas.


OAR Coruña-Peguform SAR (29-29) Empate para a Sar que viu como nos últimos vinte segundos quedaba sen a oportunidade de levarse unha vitoria do pavillón San Francisco Javier na Coruña. O OAR conseguía marcar o tanto do empate cando estaba a piques de soar o pito do final do partido. Empate a 29 puntos que deixa a Peguform na sétima posición. O sábado recibirá no Pavillón de Redondela ao Lalín, os cuartos da categoría. A cita o sábado a partir das 18.30 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: