www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 16 de Outubro de 2019

Elba Torres achéganos á historia das mulleres galegas na emigración
Sociedade • 20/09/2010
Autor: Ana Prieto

A escritora e actriz cubana ten feito un interesante investigación sobre o fenómeno das migracións, centrándose no protagonismo das mulleres. A historia destas mulleres, como María Muñoz ou Carmen Arias, que deixaron pegada nos seus países de acollida, será o centro dunha charla que impartirá mañá martes no Multiusos de Chapela.


Son as grandes descoñecidas da historia. Mulleres que formaron parte do fenómeno da emigración galega e que protagonizaron importantes fitos nos seus países de acollida. Algunhas delas son recoñecidas no outro lado do Atlántico, pero non en Galicia, a súa terra de orixe. É o caso de María Muñoz, erudita da música cubana, Carmen Arias, que criou a Ernesto "Che" Guevara, ou a revolucionaria Inés Santamaría, nai da Nova Troba Cubana. A escritora e actriz cubana Elba Torres achegaranos á interesante historia destas e doutras moitas mulleres. Ademáis dunha extensa traxectoria na poesía, o xornalismo e o teatro, Torres Rondón leva tempo investigando o fenómeno das migracións, colaborando co Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo. Froito dos seus estudos publica dous libros, "20 mujeres y una leyenda" e "Luces de la Diáspora".


A cita é mañá martes, día 21, ás 20:00 horas, no Multiusos do Piñeiral do Crego, onde tamén está aberta ao público a exposición Mulleres Galegas na Historia. Elba Torres falará sobre algunhas destas destacadas mulleres e a súa contribución vital na diáspora, pero tamén se achegará a outras galegas que, alén das nosas fronteiras, sobresaíron en diferentes eidos da cultura, a ciencia ou as artes.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: