www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 26 de Maio de 2020

A Deputación licita por 140.000 euros as obras de mellora na estrada do Viso
Institucional • 14/05/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O proxecto xa está en licitación e suporá unha solución eficaz e rápida mediante a creación de itinerarios peonís. As obras neste tramo da EP 2901 no tramo entre Cesantes e Alxán ao seu paso pola parroquia do Viso, teñen un orzamento de máis de 140.000 euros e están enmarcadas no modelo provincial de seguridade.


A Deputación de Pontevedra vén de sacar a licitación o proxecto de mellora da seguridade viaria na EP 2901 no Viso. Esta actuación da resposta a unha demanda histórica da veciñanza que vive neste núcleo de poboación. As obras teñen un orzamento de 142.784,71 euros e o prazo de licitación estará aberto ata o 3 de xuño.


O proxecto ten como principal obxectivo crear co método da cuneta tendida itinerarios peonís en todo o ámbito da actuación atendendo ao "modelo provincial baseado nos principios de mobilidade segura, accesibilidade e priorización dos dereitos das persoas".


Con este proxecto, trataranse as marxes da estrada substituíndo as cunetas existentes por cunetas transitables de formigón ou pavimento de soleira de formigón. Amais instalarase unha tubaxe de formigón de diámetro 400mm de pluviais e arquetas de formigón con reixa. Tamén se executarán 5 redutores físicos de velocidade ao longo do treito da estrada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: