www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 26 de Maio de 2020

Detido un veciño de Redondela tras tentar acoitelar a outro en Cesantes e darse a fuga por mar
Sucesos • 15/05/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O home, que foi detido a media tarde de hoxe tras protagonizar unha persecución por mar, está acusado dun presunto delito de ameazas graves con arma branca. A detención produciuse nun dispositivo conxunto da Policía Local e Nacional.


A Policía Local informa dun suceso que tiña lugar esta tarde e que se saldou coa detención dun veciño de Redondela. Os feitos producíanse nas inmediacións do peirao de Cesantes cando, por causas que se investigan, o detido intentaba acoitelar a outro no marco dunha pelexa. A vítima lograba evitar o acoitelamento axudado por outras persoas que se atopaban no lugar.
Tras estes feitos o agresor emprendeu unha fuxida por mar nunha embarcación, sendo finalmente interceptado polos axentes da policía local e nacional quen realizaron unha persecución por mar. O detido está acusado dun delito de ameazas graves con arma branca.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: