www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O Paraxe Construcións comeza a tempada co obxectivo de fomentar o deporte base en Chapela
Deporte • 22/09/2010
Autor: Ana Prieto

O primeiro equipo estreouse cunha vitoria sobre o Calvo Xiria, e esta fin de semana desprázanse para xogar no Porriño. Desde a directiva salientan o bo nivel de xogo dos de Fran Teixeira, pero insisten en que a máxima prioridade do club é fomentar o deporte entre os máis novos.


O Paraxe Construcións, así se chama agora o Club de Balonmán de Chapela grazas ó seu novo patrocinador, ben de comezar con moi bo pé a liga de 1ª Nacional. Estreáronse o sábado no seu pavillón cunha contundente vitoria sobre o Calvo Xiria (29-23), e o desexo do club é "seguir nesta mesma liña". Os de Fran Teixeira conservan practicamente o mesmo bloque da pasada temporada, que tan bos resultados lle deu, chegando a xogar a fase de ascenso. Tan só houbo catro baixas e catro novas incorporacións. A próxima cita é na Louriña, xogarán na pista do Porriño o sábado ás 18.00 horas.


No club salientan a importancia dos bos resultados do primeiro equipo, pero a directiva insiste en que o "verdadeiramente importante" son os rapaces dos equipos base. O presidente, Manuel González Soto, explica que "a razón de ser" desta entidade deportiva é a labor social que fan cos nenos e nenas, cun total de 11 equipos de deporte base, e con actividades complementarias como campamentos de verán e escolas deportivas nos colexios.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: