www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O PP de Redondela denuncia o "abandono" da zona da Marisma e os novos paseos
Institucional • 23/09/2010
Autor: Ana Prieto

O grupo popular de Redondela critica a actitude do goberno local pola súa "inoperancia" na conservación de espazos naturais como a zona da Marisma e o novo paseo no río Pexegueiro. Denuncian que o entorno, logo de mellorarse cun investimento de 750.000 €, está agora cheo de lixo e descoidado.


Cándido Vilaboa, concelleiro do PP en Redondela, lamenta a falta de conservación nos paseos do río Pexegueiro e da Portela, que conforman para os populares un dos enclaves naturais máis emblemáticos do municipio. Lembran que en 2009 executáronse unha serie de obras para a súa recuperación e acondicionamento cun investimento de 750.000 euros. Sinala Vilaboa que o obxectivo destas obras era poñer en valor e recuperar o lugar como un espazo de lecer para os veciños e visitantes, "finalidade non acadada" xa que estas infraestruturas están "abandonadas". Denuncian que o paseo pola beira do río Pexegueiro "está cheo de maleza, con lixo, restos de botellón, bolsas e papeis". Do mesmo xeito sinala que algunhas das fontes destes paseos están estragadas ou fóra de servizo, as papeleiras cheas e moitas das árbores están a secar por falta de rego.


Neste sentido, o PP insta ó goberno local a que actúe "de inmediato" e realice as funcións que lle compete para paliar "este lamentable espectáculo".

Comentarios
esperando a ISI
Martes 28 de Setembro de 2010 ás 19:36 horas
Non entra a opinar ésta nova o gran paladín - O GRAN ISIDORO G. Debe atoparse enredado noutros menesteres.
Esperamos a sua volta a este medio pois sempre nos fai rir un pouquiño. Isi...................................
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: