www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 14 de Xullo de 2020

Os clientes regresan ás prazas de abastos
Sociedade • 18/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Logo do éxito da campaña realizada polos mercados municipais co servizo de compras a domicilio, os clientes regresan aos poucos á praza de abastos tanto de Redondela como de Chapela. Nos meses de confinamento os vendedores conseguiron manter as vendas xa que, se ben baixou a facturacións polo peche da hostalaría, o consumo nos fogares dos produtos frescos incrementouse. Unha clientela que volve agora a realizar a compra presencial "porque prefire ver o produto".


Frutas Rosi é un dos postos que funciona na praza de Redondela e que durante estas últimas semanas realizou boa parte das súas vendas a través de encargos "vía teléfono ou vía wassap". O seu propietario, José Veiga, explica que os clientes preferían quedar na casa e evitar así o risco de contaxio. Nese escenario todos os vendedores decidiron  poñer en marcha a venta telefónica e a entrega a domicilio dos seus produtos. Unha iniciativa que tivo moi boa acollida entre os clientes, que recibían na súa casa froita, verdura, carne e peixe frescos e de calidade. Pasada a "fase dura" da pandemia, a situación vaise normalizando e os usuarios destes mercados regresan a facer a compra persoalmente sabendo ademais que se extreman as medidas sanitarias.


Botes de hidroxel e máscaras obrigadas son as dúas medidas que se impoñen nestes mercados como no resto de establecementos, unhas máscaras que son é o que peor leva Veiga quen recoñece que dificulta un pouco a comunicación co cliente pero que entende e imprescindible para previr contaxios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: