www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 3 de Agosto de 2020

O Concello de Redondela contratará 25 persoas en situación de desemprego
Institucional • 2/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Goberno local vén de anunciar a contratación dun total de 25 persoas en situación de desemprego que reforzarán os distintos servizos básicos do Concello de cara a mellorar a súa prestación á veciñanza. Os contratados realizarán tarefas varias en vías e obras, limpeza, medioambiente, turismo, emprego e outros servizos.


Nesa liña e ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos, o Concello contratará 2 peóns forestais, 2 xardiñeiros, 1 técnico de emprego, 1 técnico medioambiental, 1 informático, 3 guías turísticos, 2 traballadores/as sociais e 1 aparellador.


A estas trece persoas engadiranse outras dúas a través do plan Aprol Rural que serán 1 oficial forestal e 1 peón forestal.


Por último, e dentro das contratacións do Risga, para persoas en risco de exclusión social, outras 10 persoas comezarán a traballar para o Concello de Redondela: 7 operadores de limpeza e 3 peóns de vías e obras.


O Goberno sinalou a importancia destas contratacións que "permiten garantir a prestación de servizos de calidade á veciñanza e, por outra banda, contribúen a inserción no mercado laboral de persoas en situación de desemprego".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: