www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

Cesantes acolle a III Kite Fest con 78 participantes de primeiro nivel
Deporte • 10/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O evento estivo en risco de non celebrarse por mor da pandemia, pero finalmente tanto o TMKite Club como o Concello acordaron seguir adiante con esta cita que busca promocionar o Kitesurf como deporte seguro así como o noso litoral como un dos espazos naturais máis atractivos para a realización desta disciplina.  Aplicarase un estrito protocolo para garantir a seguridade sanitaria de todos os participantes.


A cita deportiva reúne este sábado e domingo en Cesantes a algúns dos riders habituais da liga nacional así como deportistas procedentes de Portugal e Francia que se medirán en catro categorías. Ademais das probas de regata e exhibición, esta festa do surf ofrecerá aos participantes tres Master Class exclusivas que lles permitirán aprender dalgúns dos maiores expertos deste deporte.


E malia que nas dúas edicións anteriores tentouse realizar unha programacións que fóra máis aló do deportivo, con concertos na propia praia, este ano o evento opta por renunciar a esa actividades en paralelo para garantir a seguridade. Aplicarase así o protocolo Covid-19 establecido pola Secretaria Xeral para o deporte e evitarse que se produzan aglomeracións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: