www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

A limpeza das praias non estará "completamente operativa" ata mediados de mes
Sociedade • 10/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local explica que o Estado de Alarma supuxo un atraso importante nos trámites administrativos para a contratacións das persoas que se encargarán de realizar este servizo. Unha demora que se complicou aínda máis ao non quedar claro ata primeiros de xuño os protocolos sanitarios sobre o uso das praias. Aseguran que a día de hoxe xa están finalizando o proceso de contratación polo que o servizo estará plenamente operativo na vindeira semana.


A acumulación de algas secas nos areais tanto de Chapela como de Redondela en pleno tempada de verán provocou numerosas queixas por parte dos usuarios das praias. Falta de limpeza e ausencia do servizo de retirada de algas que facían que estas se acumularan na area provocando mala imaxe e tamén cheiros nalgunhas zonas.


Dende o Concello aseguran que en cuestión de días esta situacións quedará resolta unha vez que xa rematou a primeira fase da selección de 13 persoas para a prestación do servizo de limpeza e mantemento das praias. Un persoal que se irá incorporando gradualmente o servizo durante os vindeiros días, reforzándose na próxima semana  con seis traballadores máis procedentes de Servizos Sociais.


Retén de limpeza polas tardes


Por outra banda, para reforzar a limpeza pola COVID-19 dos baños públicos e espazos de lecer da contorna dende principios de mes hai un retén de limpeza polas tardes que terá continuidade ata a fin da tempada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: