www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 3 de Agosto de 2020

A Policía detén un vehículo na N-555 e descubre gran cantidade de droga oculta no interior
Sucesos • 10/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Un dispositivo conxunto da Policía Local e Nacional detiña na madrugada de hoxe un vehículo nun control de rutina na subida ao aeroporto. O nerviosismo do condutor, un veciño do Porriño de 48 anos de idade, leváronos a requisar o interior do vehículo, descubrindo un gran número de sustancias estupefacientes ocultas nun oco así como 7 teléfonos móbiles, un ordenador portátil, dúas tablets e cartos en efectivo. O vehículo foi intervido e ao codutor se lle imputa un delito de tráfico de drogas.


Os feitos producíanse ás 4:50 horas da madrugada de hoxe dentro da Operación "Sereno" un operativos de control aleatorio de vehículos nos accesos de Redondela. Tras observar un vehículo de alta gama na N-555 e indicar que se detivera decatáronse de que o condutor actuaba con certo nerviosismo procedendo a súa identificación e a rexistrar o interior do vehículo localizando un oco que contiña diversas sustancias estupefacientes. Cocaína, heroína, hachís cortado, un frasco con 42 comprimidos de trankimazin, varias pastillas de metadona, cartos en efectivos e outros efectos así como varios teléfonos móbiles, tablets, un ordenador portatil e diversas axendas foi o resultado do rexistro.


Os axentes procederon á detención do varón, requisándolle o vehículo e trasladado a dependencias policiais comprobándose que tiña antecedentes por feitos semellantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: