www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

Redondela mantén ata finais de mes o prazo para o pago do imposto de circulación
Institucional • 13/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O venres 31 de xullo remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto de vehículos de tracción mecánica do presente exercicio. Finalizado este prazo aqueles contribuíntes que non tiveran realizado o pago deberán enfrontarse aos recargos correspondentes.


Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, La Caixa ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 baixo (horario de  atención ó público de 8:00 a 15:00 horas) ou descargarse o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación,  introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición;  tamén poderán efectuar o pago online a través do enlace existente na páxina web do Concello.


Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía  executiva cos recargos de apremo regulamentarios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: