www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 3 de Agosto de 2020

Carteis contra a contaminación e os cheiros de Aucosa
Sociedade • 21/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

"Atentado contra a saúde pública, verteduras, gases, cheiros diarios" así o denuncian os veciños de Rande e Cabanas que decidiron colocar no exterior das súas vivendas carteis nos que reclaman a saída de Aucosa do litoral.  Un traslado da planta que tamén defenden dende o Concello, malia que aseguran se trata dunha competencia da Xunta cuxos servizos medioambientais informaron favorablemente sobre esta actividade malia ser "altamente contaminante e estar ubicada nunha zona limítrofe á Rede Natura 2000".


Os veciños da zona de Rande e Cabanas levan anos denunciando o fedor procedente desta fábrica de fariñas de peixe. Unha situación que teñen denunciado na policía, no concello e nos xulgados sen obter unha solución as súas queixas. Os afectados decidiron agora facer máis visible a súa denuncia coa colocación de carteis nos que esixen a retirada da empresa "Aucosa ¡Fóra!" e recollen en cifras as súas queixas: verteduras 15.000 metros cúbicos, Gases CO2 30.100.000 kg/ano e cheiros diarios provocados pola trimetilamina.


Unha protesta coa que manifestan o seu rexeitamento a seguir soportando uns cheiros que lles impiden abrir as fiestras e uns vertidos e residuos que son constantes e se teñen agravado nos últimos tempos" segundo denuncian.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: