www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 3 de Agosto de 2020

Romaría no Carballo das Cen Polas
Cultura • 30/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda en colaboración co Concello e a Asociación de veciños Alvedosa organizan este sábado 1 de agosto unha romaría popular, marcada iso si polas recomendacións sanitarias que aconsellan  prudencia. Non faltará a música a cargo do grupo Arume xunto cos grupos de gaitas Miña Nai Pili e Froles Mareliñas. O sábado a partir das 19:30 horas.


A música folk será a protagonista da romaría popular que se celebra este sábado en Reboreda. Os grupos de música tradicional Arume, Miña Nai Pili de Cabeiro e o grupo de gaitas Froles Mareliñas de Chapela porán a música nunha xornada na que non faltará os mexillóns e a empanada que se servirán a prezos económicos.


Unha  romaría que quere ser como as de antes pero con todas as precaucións impostas pola nova normalidade: uso obrigatorio da máscara e distanciamento social para garantir a seguridade sanitaria.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: