www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 3 de Agosto de 2020

Os veciños de Rande e Cabanas piden que se debata no pleno de hoxe a situación de Aucosa
Política • 30/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Unha petición acompañada de 250 sinaturas de afectados, veciños residente na zona próxima á planta de produción de fariñas de peixe que esixen que se paralice esta actividade ante os cheiros insoportables que produce. O pleno ordinario correspondente ao mes de xullo, e que pecha o curso político ata setembro, será hoxe xoves ás 20:30 no multiúsos da Xunqueira.


Os cheiros producidos por AUCOSA teñen tanta intensidade, persistencia e composición tóxica que son un problema grave para a saúde pública en Redondela, así o explican os veciños da zona quen esixen que Concello e Xunta tomen medidas conforme a lexislación vixente para evitar as afeccións a saúde e a vida cotiá da cidadanía.


Reclaman que se paralice a actividade de Aucosa tendo en conta diversos argumentos como que a maior parte do proxecto de ampliación da empresa se execute sobre zona de servidume de protección da costa, non se axusta a normativa urbanística vixente e a autorización ambiental integral coa que conta caduca en maio de 2021 "data a partir da cal Aucosa non disporá de licenza para a súa actividade".


Por todo isto solicitan que o pleno de hoxe se pronuncia sobre a solución a este problema.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: