www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 3 de Agosto de 2020

Soutomaior solicitará o cambio de titularidade da enseada para protexer o sector pesqueiro
Institucional • 31/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O pleno municipal de Soutomaior acordou por unanimidade instar a varios organismos a transferir a titularidade das augas da enseada de San Simón. O cambio suporía eliminar esta zona das augas adscritas ao Porto de Vigo e a súa inclusión no Dominio Público Marítimo Terrestre, baixo a xurisdición da Secretaría Xeral de Costa e Mar. A moción recolle unha demanda da propia Confraría de Arcade.


A moción, presentada polo goberno local a instancia da Confraría de Pescadores de Arcade e a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, supón unha medida de protección para o conxunto ambiental da ría e para as actividades pesqueiras e marisqueiras, de gran importancia para a economía local, fronte a posibles actuacións futuras, como a ampliación do Porto de Vigo proxectada en Punta Chapelisa.


Así, segundo indicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, a moción aprobada inclúe solicitar a activación da ZEC (Zona de Especial Conservación) Enseada de San Simón, incluída na Rede Natura 2000 ycalificada pola Unión Europea como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Algo que segundo explica "aumentará a seguridade de todo o conxunto ambiental da enseada fronte a posibles agresións e garantirá a supervivencia das artes tradicionais de pesca e marisqueo que tanta riqueza e emprego xeran no noso municipio".


Este cambio de titularidade da ZEC da Enseada de San Simón recolle e regula as actividades de marisqueo e cultivo de mexillón dentro dun sistema de xestión sustentable.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: