www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Setembro de 2020

Un emocionado Leonardo Cabaleiro despídese da corporación
Política • 31/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A dimisión do edil socialista facíase efectiva no pleno de onte nunha sesión na que o xa exconcelleiro tomaba a palabra para amosar a súa satisfacción por ter formado parte da corporación durante os últimos nove anos. Un día que cualificou de agridoce "logo dunha decisión pensada e consensuada pero ao mesmo tempo dura" para concluír afirmando que deixa o goberno "coa sensación de ter batallado por Redondela pero coa tristeza de non ter logrado, neste espazo e tempo, todo o que me tería gustado".


Coa voz entrecortada pola emoción tomaba a palabra Leonardo Cabaleiro nos últimos minutos do pleno para amosar os seus agradecementos "ao meu partido por terme dado a oportunidade de formar parte da corporación durante máis de nove anos, oito na oposición e algo máis no goberno e por darme o privilexio de sentir a política en primeira liña municipal a pe de rúa". Agradecementos tamén á executiva local do PSOE "por apoiarme sempre no político e no persoal". Unhas palabras que facía extensibles aos compañeiros de bancada e a militancia así como aos edís da oposición "polas súas achegas e contribucións para que Redondela mellore".


Unha palabras que remataban cun sonoro aplauso tanto do público como do resto dos membros da corporación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: