www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Un cortocirciuto posible causa dun incendio nunha caravana en Cesantes
Sucesos • 13/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O vehículo, propiedade dun matrimonio de Lugo que veranea en Redondela, resultou completamente calcinado na mañá de hoxe logo de que se producise un incendio sobre as 8:00 horas segundo información da Policía Local


A caravana, propiedade dun matrimonio residente en Lugo, permanece estacionado durante todo o ano nunha leira nas inmediacións da estrada que vai á praia da Punta.


Foi o propietario da finca quen alertou aos axentes da Policía Local do incendio, quen se desprazaron ao lugar xunto con axentes do Grumir para traballar nas labores de extinción do lume.


Sospeitase que o inicio do incendio, que calcinou completamente o vehículo, podería ter sido un cortocircuito no interior da caravana en cuxo interior se atopaban dúas bombonas de butano.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: