www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A música lírica de Encantados no Multiusos
Cultura • 15/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A zarzuela e a ópera estarán presentes no repertorio que ás 20:00 horas ofrecerá no Multiusos de A Xunqueira esta agrupación formada por cantantes de música lírica.


A actuación do grupo Encantados, formado por cantantes de música lírica será ás 20:30 horas con entrada de balde. O espectáculo combina pezas de ópera e zarzuela co obxectivo de achegar ao público de maneira didáctica ao repertorio musical culto.


O programa inclúe temas populares e moi coñecidos de autores como Reveriano Soutullo o Chapí, que serán interpretados pro unha ducia de músicos.


Unha actuación enmarcada dentro do programa MusiCámara da Concellería de Cultura que concluirá no ivndeiro venres un espectáculo diferentes a cargo de Viravolta Títeres.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: