www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

O colexio de Cedeira contará cun profesor de audición e linguaxe a tempo completo
Institucional • 15/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Consellería de educación ven de comunicar que o centro contará en breve cun profesor de audición e linguaxe a tempo completo. Os pais negábanse a compartir este especialista con outros colexios por estar matriculados varios nenos con necesidades educativas especiais


Finalmente as demandas de pais, nais e profesores tiveron unha resposta positiva por parte dos responsables da Consellería de Educación. Este departamento ven de comunicarlle ao claustro a súa decisión de concederlles un mestre especialista en audición e linguaxe a tempo completo.


Pais e nais trasladáranse a pasada semana a Santiago de Compostela para esixir a Educación que dera marcha atrás na súa decisión de que foran catro centros os que compartisen un único profesor. A ANPA xustificaba a súa demanda argumentando que no centro de Cedeira están escolarizados tres nenos con necesidades educativas especiais.


Logo dunha semana de espera a Consellería ofertou xa a praza de Audición e linguaxe, polo que os pais esperan que en breve o centro teña cuberta esta necesidade.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: