www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Veciños e comerciantes piden máis control policial para que se cumpran as normas de tráfico
Sociedade • 15/10/2010
Autor: Ana Prieto

As obras de humanización no centro da vila supuxeron un importante cambio no tráfico da zona, e tamén nos aparcadoiros. Veciños e comerciantes amósanse satisfeitos co resultado, pero lamentan que moitos condutores utilicen as beirarrúas de aparcadoiro. Algúns negocios demandan tamén que se permita carga e descarga en horario de tarde.


Moito cambiou a imaxe do centro da vila nos últimos tempos. As obras de humanización melloraron o centro de Redondela, pero tamén supuxeron moitas modificacións no tráfico e nos aparcadoiros. As rúas do casco vello, agora peonís, están cortadas á circulación cun sistema de bolardos retráctiles. O sistema ábrese de 9.00 a 12.00 horas para que poidan pasar os vehículos para carga e descarga. Ademais os veciños que teñen garaxe dispoñen dun mando que poden utilizar para acceder libremente. Algúns negocios quéixanse da limitación horaria, e piden tamén un horario de tarde para carga e descarga. Outros veciños, desde o punto de vista do peón, lamentan que agora os condutores incumpran a normativa e estacionen enriba das beirarrúas. Por iso piden máis control policial para evitalo. Pero en xeral, os veciños e comerciantes amósanse moi satisfeitos coa medida, que favorece o tránsito dos peóns e fai a vila máis agradable. Agora falta que os condutores cumpran. Para moitos é unha cuestión de "cambiar costumes" e ser "respectuosos" coa normativa e cos demais cidadáns. Aínda que algúns recoñecen que ás veces deixan o coche mal estacionado, son conscientes de que non supón un problema achegarse ata o campo da feira ou a avenida Mendiño para estacionar, e despois facer a pé as compras ou xestións. Ademais, comparado con outros Concellos, a situación é mellor xa que hai aparcadoiro de balde. De feito son moitos os que estacionan no campo. O actual sistema con disco horario, co obxectivo de favorecer a rotación de vehículos, é valorado positivamente polos usuarios. Veciños como Ana, Alberto, Manuel ou Lucía, coinciden en que é un "bo sistema", que dá tempo suficiente "para facer xestións ou compras", e é "máis doado atopar sitio". Para os que precisen deixar o coche aparcado todo o día, as alternativas están ó longo da avenida Mendiño.

Comentarios
Pauline Kroptov
Domingo 17 de Outubro de 2010 ás 16:52 horas
O que queda claro é que hai reflexión e tempo. A vida son as nosas circunstancias e o que facemos con elas. Estas correntes de vontade dispersas non serán río sen un proxecto común de mínimos.
Camilo
Sábado 16 de Outubro de 2010 ás 13:44 horas
Neste concello temos a desgraza que se fan as cousas sen contar con ninguén como di un anuncio da tele "porque yo lo valgo" dira o alcalde e concelleiro. Grazas a Radio coñecemos parte dalgunhas opinión da cidadanía cando xa vai polo menos un ano que remataron as obras de humanización pero que pensaban os peóns antes da humanización? Non lles importa quen fai sabe o que fai ainda que existan multiples probas que non deben de saber o que fan porque existen bastantes desastres. Moito non deben saber o que fan cando pola mínima recurren a privatización de calquera servizo público demotran que non son competentes pra xestionalo ainda que sexa unha Área dos concelleiros con máis fama de competencia Emilio González. NInguén me explicou cal era a súa competencia máis que en manipular a realidade calunniar e insultar.

En Redondela se batallou moito para ter órganos de participación cidadán incluso temos unha concellería de Participación Cidadá dirixida por unha muller outra das grandes batallas levadas acabo en redondela os dereitos e participación da muller pero resulta que esta muller concelleira ten a sinatura delegada delegada nun home sintome especialmente orgulloso do meu concello por este asunto e a política participativa do Concello non é nin máis nin menos que a organización de cursos de coiro e licores e mentres tanto a Comisión de Seguimento de Servizos Privatizados que preside uns dos concelleiros presuntamente máis compatentes do goberno leva dúas lexislaturas sen convocarse. Así coma outro consellos parroquiais ou mesmo a participación cívica da Axenda 21 Local que xurde como un Guadiana cada 5 anos.

Non tanto o espazo peonil gañado co malempedrado rústico do casco urbán. Redondela é un verdadeiro circuito de obstaculos con maceteiros que ocupan case a metade do espazo papeleiras necesarias e sinais. O peón neesitaría a peatonalización completa das rúas para sentir que realmente se mellorou a situación. A esto hai que sumar a descarada e en caso esaxerada ocupación das rúas con cadeiras e mesas dis que pagadas que en csos superan a treintena algún poden pagar ainda por maís e privatizar o casco urbán enteiro non hai límite cada un ocupa o que pode pagando ou non e o que menos importa é o peón. ë realmente dificil transitar con cadeiras de rodas carros da compra ou meniños muletas etc. Tanta pseudohumanización e os humanos sometidos ao capricho do negocio privatizador da terraza. O último son as carpas aquí cada quen instala o que lle peta se fai falla peatonalizanse snovas rúas e non para servizo e comodidade dos residentes senón dos comerciantes da hostelería. As terrazas están se regular adecuadamente non hai límites de mesas e cadeiras non zonas de paso peonil obrigatorias a rúa podese empregar de almacen de todo tipo de trangallada da hostelería incluso nas horas nocturnas incluso os día de choiva podese montar 25 mesas cas súas cadeiras obstaculizando o paso peonil e perxudicando de paso a outros negocios que nada teñen que ver ca hostelería .

Esta é parte de Redondela cal é a explicación racional? ocurrenseme varias pero incluso nese caso sería especulacións e para especular ......
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: