www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Nove asociacións de Redondela percibirán subvencións da deputación
Institucional • 18/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A nivel provincial as agrupacións beneficiarias ascenden a 286 que recibirán un total de 280.000 euros para o desenvolvemento de actividades culturais xerais


Na comarca de Vigo foron 49 as entidades e asociacións que resultaron beneficiarias das subvencións que concede a Deputación a entidades e asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades culturais xerais. Nove  das beneficiarias son de Redondela: Asoc. Coral O Piñeiral, Asoc. Cultural Santa María do Viso, Asoc. Millo Verde, Asoc. Positivas Casa das Mulleres, Asoc. Xente Titiriteira, Centro Cultural Social, Recreativo Deportivo de Asistencia á Terceira Idade de Cabeiro, Centro Social y Cultural de Cedeira, Circulo Cultural Recreativo Chapela e Colectivo Lúa Meiga. En Soutomaior beneficiaranse desta achega os membros da asociación Musico- Cultural Pro-Son.


Estas axudas concédenselles ás asociacións que desenvolven os seus proxectos no ámbito da provincia de Pontevedra e, excepcionalmente, fóra dela, sempre que presenten un interese para ela. As achegas económicas destínanse a concursos literarios, artísticos, periodísticos etc., actos todos eles relacionados coa promoción da música e do folclore, conferencias, cursos, seminarios, certames ou calquera outra acción cultural.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: