www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

A Sar logra a súa primeira vitoria da tempada ante o Cinco Jotas de Lavadores
Deporte • 18/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo redondelán impúsoxe por 29 goles a 27 nun encontro de máxima rivalidade disputado na bomboneira. Pero sorte correu o equipo de Chapela. O Paraxe Construcciones non foi quen de gañar aos seus rivais, o Mecalia Novás.


A Sar impúxose ao Cinco Jotas de lavadores nun encontro axustado e de tremenda rivalidade disputado no pavillón de Redondela. O equipo local mantivo a iniciativa durante case todo o encontro o que lles valeu a vitoria nun partido que rematou co resultado de 29 goles a 27 a favor da Sar. No cadro redondelán destacou o xogo do internacional búlgaro, Vladkov autor de nove goles e esencial no triunfo do conxunto local que deste xeito suma a súa primeira vitoria na presente tempada.


Na vindeira semana o equipo que patrocina Peguform desprázase ao campo do Calvo Xiria onde tentará seguir sumando puntos e subindo na categoría, onde agora ocupan o decimoprimeiro posto


Cambiáronse as tornas e o Chapela, que xogaba na casa, non foi quen de gañar aos seus rivais, o Mecalia Novas.


O equipo visitante foi moi superior aos homes de Fran Teixeira, quen a pesar de conseguir unha pequena vantaxe nos primeiros minutos de partido, non foron quen de manter o nivel marcado polo Novas.


O encontro rematou cun marcador de 25 goles a 30, o que sitúa no segundo posto da táboa mentres que so de Chapela se manteñen no quinto posto.


Na vindeira semana repiten rival difícil, o Paraxe Construcciones desprázase a Asturias para xogar co terceiro da categoría, o Gijón.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: