www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 16 de Outubro de 2019

O Concello instará en setembro á Xefatura de Costas a que recupere o areal de Cesantes
Institucional • 6/08/2009
Autor: Lorena Otero

Durante os últimos anos esta praia sufriu unha importante perda de area que o Concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, Carlos Pazos, establece en case un metro.


A area da praia de Cesantes está sendo substituída polas pedras que arrastra a marea, o que fai que o areal sexa cada vez máis pequeno e os usuarios dispoñan de menos espazo para poder tomar o sol. A Concellería de Medio Ambiente solicitou ao Grupo de Portos e Costas da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de A Coruña, a realización dun estudo sobre o areal e a súa situación. Agora co informe finalizado e en poder do concello, o departamento de Medio Ambiente proporalle no mes de setembro á Xefatura de Costas de Pontevedra que tome medidas para recuperar o areal, xa que o concello non podería facer fronte en solitario ao custe da actuación.

Unha medida coa que o goberno local pretende recuperar un dos dous areais máis grandes e concorridos que ten Redondela, onde ata hai poucos anos realizábanse distintas actividades deportivas como campionatos de fútbol praia pero que co efecto da erosión e as mareas está quedando case sen area. Un problema que como recoñecen dende o departamento de medio ambiente tamén está a afectar a outras praias do concello.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: