www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

O concello financiará a construcción do ximnasio do centro de deportes acuáticos de Chapela
Institucional • 25/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A segunda fase da obra, consistente na construcción do ximnasio, acometerase cunha achega municipal de 750.000 euros. O goberno local estima que as instalacións estarán abertas aos usuarios en febreiro do 2011


As arcas municipais investirán 750.000 euros para a realización do ximnasio na que é a segunda fase de construcción do centro de deportes acuáticos de Chapela. Aínda que nun primeiro momento o obxectivo do goberno local era que a empresa concesionaria do servizo asumise a realización da obra, o edil de urbanismo, Emilio González Iglesias explicou que a situación actual de crise obriga á administración a realizar a obra cunha achega directa.. O edil aseguraba ademais que o usuario sairá beneficiado


Dende o PP votaron a favor aínda que entenden que detrás de esta decisión se esconde unha falla de planificación por parte do goberno municipal que ten que cambiar de rumbo respecto do programado inicialmente.


A terceira fase do centro, consistente na construcción do spa e a cafetería, si correrá a cargo da empresa adxudicataria do servizo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: