www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

A comunidade de montes e Caixanova enfrontados pola titularidade dun terreo en Chapela
Institucional • 25/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os comuneiros reclaman a propiedade da parcela coñecida como o "polígono de autoestradas" que o Concello quere comprar á entidade financeira por 1'5 millóns de euros. A asociación de montes acusa ao goberno local de defender os intereses da empresa privada fronte aos dos propios veciños por posicionarse no xuízo que se celebrará o xoves en Pontevedra a favor de Caixanova.


A documentación que obra en poder da Mancomunidade de montes de Chapela acreditaría que a parcela que o goberno local quere adquirir na parroquia, previo pago de 1.5 millóns de euros á Caixanova, é monte comunal. Este argumento é o que vai defender o colectivo no xuizo que se desenvolverá o vindeiro xoves día 28 en Pontevedra, logo de que os comuneiros presentaran no seu día un contencioso administrativo reclamando a titularidade do terreo.


A parcela coñecida como o "polígono de autoestradas" ten unha extensión de 35.000 metros cadrados. O obxectivo do concello sería comprarlla aos seus propietarios e a continuación cedela á Xunta para que constrúa diferentes servizos dos que actualmente carece a parroquia como unha gardería, un centro para maiores ou o colexio de Igrexia no caso de que a ampliación da AP.-9 obrigue aos seu traslado.


Sen embargo, dende a Comunidade de montes aseguran contar con documentación que confirmaría que a parcela é monte comunal, motivo polo que decidiron recorrer aos tribunais.


O presidente dos comuneiros, Francisco Puch asegura non entender porqué o concello se posiciona en contra da comunidade e dos veciños e a favor dunha empresa privada. Engaden que no caso de que o xulgado falle ao seu favor a asociación de montes estaría disposta a ceder eses terreos "a custe cero" para a construcción de servizos, o que suporía que o concello podería investir o 1'5 millóns de euros noutras actuacións máis necesarias.

Comentarios
Puch96
Martes 26 de Outubro de 2010 ás 20:59 horas
Por que o concello se mostra a faovr da empresa?un erroo concello non se mostra a favor da empresao concello e neste caso a secretaria desteconclue que os vosos papeis demostran que foi parte da comunidade de montes de Chapela fai bastantes anospero que ese documento non garante a acutal tituralidadepolo que no xuízo é máis que probable que a empresa teña unha sentenza favorable!
No caso de que se certificara que este terreo pertencera a comunidade de montes o concello non lle interesaria o máis mínimo comrpalo por 15 millóns de euros.
O concello supón que administritivamente pertence a empresa porque así o presupoñen os papeise beneficiándose desta dúbida pode obter o terreo ola metade do prezopero iso non quere dicir que vai en contra dos veciñossinón que busca no caso de non darvos o xuíz a razón un terreo a un prezo moi asequible!


Pero ti entendes máis que nadie non si Puch?Ti sempre te decantaches polo o que opinan os veciñosnon si?Ti sempre resptetaches os veciñosnon si?Non veñas agora a dar leccins de nada!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: