www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

Soutomaior epicentro dun terremoto de magnitude tres
Sociedade • 25/10/2010
Autor: Lorena Otero

O tremor, que se rexistrou pasadas a 1,30 horas da madrugada do luns, deixouse sentir noutro puntos da Provincia como Pontevedra ou Ponteareas e incluso en vilas ourensáns e coruñesas. O terremoto non provocou nin danos persoais nin materiais.


Os veciños do barrio do Rial en Soutomaior sentiron esta madrugada como se lles movía o chan. Aquí foi onde se rexistrou o epicentro dun terremoto de magnitude 3 que afectou ao municipio de Soutomaior e arredores ás 01,42 minutos desta madrugada segundo informou o departamento da Rede Sísmica Nacional do Instituto Xeográfico Nacional. Dada a súa baixa intensidade o terremoto non provocou ningunha incidencia nin de tipo persoal nin tampouco en fachadas ou inmobles.
Ademais de en Soutomaior e Arcade o tremor tamén se sentiu en San Paio de Arriba, en Cedeira, Redondela, así como en toda a zona do Morrazo, Teis e Vigo chegando incluso a rexistrarse nas zonas de Aguiño e Ribeira, na provincia de A Coruña e en Manzaneda ou Amoeiro en Ourense.

Comentarios
Sito
Martes 26 de Outubro de 2010 ás 16:48 horas
Que terá que ver unha cousa con outra?lendo os teus comentarios pois a verdade que sempre sacas un tema parecidoserá unha vida aburrida a tua!
xaestasbebedasuellen
Martes 26 de Outubro de 2010 ás 12:13 horas
Sábese si ten algo que ver coa elección do candidato do PSOE en Redondela?
Chicho
Luns 25 de Outubro de 2010 ás 21:47 horas
Joder si no se sintió
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: