www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Un ordenador portátil para o mellor blog sobre o deporte redondelán
Institucional • 26/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O terceiro concurso de blogs "Reblogdela"  que organiza a Asociación de empresarios en colaboración con Normalización Lingüística está orientado a mozos e mozas de entre 14 e 20 anos


Fomentar o uso e normalizar a lingua galega nas novas tecnoloxías é o obxectivo último que persegue a III edición do concurso de cadernos de bitácoras Reblogdela que organiza a Asociación de empresarios en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística.


Baixo o lema "O deporte redondelán" os blogs participantes deberán divulgar e promover o deporte que se practica na vila, os clubs deportivos, os espazos para a práctica do deportes ,as asociacións ou mesmo os deportistas de cada unha das disciplinas que teñen presenza no concello.


Nesta edición amplíase a idade dos participantes e poderán concursar todos aqueles mozos e mozas que teñan entre 14 e 20 anos. O gañador recibirá como premio un ordenador portátil de última xeración. Haberá tamén dous accésit que recibirán un MP4 e os demais participantes obterán unha memoria USB.


Todos aqueles que queiran participar poden inscribirse na sede da Asociación de Empresarios ou no correo electrónico reblogdela@empresasredondela.com antes do 10 de decembro

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: