www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

O Concello fixa unha "cláusula de salvagarda" para evitar prexuizos na compra do terreo de Chapela
Institucional • 26/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Esta cláusula, incluída no contrato asinado con Caixanova, permitiría ao concello recuperar os 1'5 millóns de euros que a administración local vai pagar pola parcela de Chapela, no caso de que o Xulgado conceda a súa titularidade á Comunidade de Montes. O xoves 28 en Pontevedra celebrarase un contencioso-administrativo para determinar quen é o propietario da coñecida como o "polígono de autoestradas"


O concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias asegura que os intereses dos veciños están perfectamente protexidos grazas á inclusión desta cláusula no contrato que se vai formalizar coa entidade financeira. O acordo consiste na compra dun solar de 35.000 metros cadrados no centro de Chapela que sería cedido á Xunta e destinado á construcción de servizos tales como unha gardería, un centro de día ou o traslado do colexio Igrexa.


Coa inclusión da cláusula de salvagarda o goberno local quere prever posibles prexuízos no caso de que o Xulgado decida que dita parcela é terreo comunal, tal e como demandan dende a Comunidade de Montes de Chapela.


Con todo, o edil puntualiza que segundo informes dos asesores xurídicos do concello, o documento empregado pola Comunidade de montes para demandar a propiedade dos terreos "ten valor histórico, pero non valor legal" polo que Caixanova sería a propietaria lexítima dos terreos tal e como se acredita no rexistro.


González Iglesias tamén aclaraba que a oportunidade de adquirir unha parcela urbanizable a menos da metade do prezo de mercado é posible precisamente porque a titularidade do terreo se atopa en medio dun proceso xudicial.

Comentarios
Demisión
Xoves 4 de Novembro de 2010 ás 16:21 horas
É incrible que a administración pública actue con oportunismo desexando apoderarse dun ben colectivo veciñal pola metade do seu custe.
Arturo
Martes 26 de Outubro de 2010 ás 23:46 horas
O terreno non sae a 9000 pesetas_este aínda vive na transición boa época para él_ sae a 42 euros.
Os intereses dos veciños non defende pois os veciños de Chapela reclaman a propiedade. Él non dubida do resultado do xuízo sen celebrar.
Este personaxe non ten desperdicio.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: