www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Operarios de Audasa traballan nun dos piares da Ponte de Rande
Institucional • 27/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Veciños da zona denunciaran semanas atrás o desprendemento dun cacho de formigón dun dos piares. Lembran que dende o Ministerio os acusaran de "alarmistas" aínda que agora están a realizar labores de mantemento e mellora no viaduto.


Técnicos e operarios de Autopistas do Atlantico realizan labores de mantemento e reparación nas piares da ponte de Rande. Uns traballos que comezaron logo de que a asociación de afectados pola ampliación da AP-9 denunciaran hai semanas o desprendemento dun cacho de formigón dun dos piares.


Aínda que o Ministerio de Fomento minimizou o problemas asegurando que se trataban da caída dun pequeno bloque de formigón do recubremento, o certo é que estes días se pode ver a varios operarios  realizando diferentes traballos na ponte, encamiñados a mellorar a imaxe da infraestrutura pero tamén a comprobar de preto o estado do viaduto que xa cumpriu máis de 30 anos de actividade.


O colectivo de afectados critica que o ministerio reste importancia aos desperfectos detectados na Ponte, argumentando que os da asociación son uns "alarmistas que non queren a ampliación de Rande", xa que os traballos que estes días se están a realizar na base da infraestrutura si confirman o pertinente das súas denuncias.


Engaden que segundo consultas realizadas a veciños do lugar ninguén lembra estadas, operarios ou outros tipo de actuación nos piares dende a posta en funcionamento da vía.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: