www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

As comparecencias de Reguera e González dan contido a un pleno de trámite
Institucional • 27/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

As 20:30 horas de hoxe celébrase en Redondela o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro, cunha orde do día sen asuntos de relevancia. Haberá que esperar á quenda de mocións para atopar algo de contido con dúas propostas do BNG e unha do PP. A continuación comparecerán os concelleiros socialistas Eduardo Reguera e Carlos González.

 


O edil de deportes Carlos González explicará, a petición do PP, os motivos que impiden ceder aos patinadores do club Bolboreta as instalacións do pavillón de Chapela para os seus adestramentos.


Dende hai tres anos este grupo federado, composto por oitenta nenas e nenos de Redondela, está demandando para o seu equipo de competición feminino a cesión dunha hora e media ou dúas á semana dunha pista nestas instalacións. Con todo, a resposta sempre é a mesma por parte do concello "que non hai nin un só oco libre". Sen embargo os pais aseguran que os sábados antes das nove e media ou dez da mañá as pistas están baleiras. Ante esta situación os populares demandaron que o edil responsable das instalacións deportivas aclarase no pleno porque se lle nega o uso desta pista "cando existen posibilidades reais de que desenvolvan alí os seus adestramentos".


A continuación será a quenda do concelleiro de Cultura e responsable de asuntos económicos, Eduardo Reguera, quen explicará e informará do Consello de Contas do 2007.


Mocións do BNG


Por outra banda o BNG reclamará o apoio do resto dos grupos para demandar que a Xunta manteñas as liñas do Noitebus que funcionan na actualidade. A proposta chega logo de que o goberno galego anunciase a súa intención de suprimir este servizo cuxa posta en marcha na anterior lexislatura estaba encamiñado a mellorar a seguridade vial e reducir a siniestralidade. En Redondela os autobuses nocturnos funcionan os venres, sábados e vésperas de festivo e comunican Redondela co centro de Vigo e coas parroquias. Tamén os nacionalistas presentarán unha segunda moción para demandar á xunta a mellora da sanidade pública.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: