www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Javier Bas aposta por un acordo político en defensa do territorio
Institucional • 27/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O candidato do PP a Alcaldía de Redondela, Javier Bas Corugeira, confía en lograr a maioría absoluta nos próximos comicios municipais. Para iso contará cun equipo onde haberá caras novas pero no que estarán tamén algúns dos actuais integrantes do grupo municipal.


O candidato do PP á alcaldía de Redondela amósase confiado no seu futuro político a pesar de carecer de experiencia neste campo. Asegura que a súa candidatura está apoiada nun "gran equipo" que está a traballar arreo para conformar un programa "no que se recollan as demandas dos veciños e as necesidades de todas as parroquias". Para iso conta cun "grupo unido" palabras que emprega para rexeitar categoricamente que no seo do grupo popular local exista división interna, a pesar de que algún ruxe-ruxe si o apuntara logo da marcha de Francisca Canal.


A través do traballo de campo, Bas está a recoller as demandas e carencias das diferentes parroquias e apunta algúns dos temas principias que van centrar o seu programa electoral: construír un polígono industrial, crear unha rede de transporte interparroquial eficaz e potenciar o turismo no municipio. En canto as infraestruturas viarias aposta pola A-57 e a súa conexión con Peinador a través da variante 11 en detrimento da A-59 (Pontevedra-Vigo) e defende que se paralice a ampliación da AP-9.  Anuncia que proporá e promoverá a unión de partidos políticos e asociacións veciñais para crear un proxecto conxunto en defensa do territorio


A súa meta é acadar a maioría absoluta para dar o relevo a un goberno bipartito que fixo "que Redondela perdera 25 anos respecto doutros concellos limítrofes que si souberon avanzar".

Comentarios
Estouno deixando
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 15:29 horas
Non vou decir moito. Percibo que este candidato molestase en amosarse públicamente distinto aos outros pero eu só percibo máis do mesmo. A miña resposta vai ser xusta e proporcional para tod@s. Non co meu voto! Non no meu nome! Se logrei deixar de fumar tamén odo deixar de votar. As autoridades sociais advirten: Votar volvese na túa contra!!
Isidoro G
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 12:41 horas
Compañero Os do Caracapullo que fácil es hacer bromas con los nombres:
Solo comentarte que la política es el arte de buscar problemas encontrarlos hacer un diagnostico falso y aplicar después los remedios equivocados.

¿Por qué te gusta tanto los políticos y tan poco los gestores? ¿Crees que gestionar algo se basa en firmar y tramitar?¿Es lo mismo una agencia bancaria que una agencia financiera?¿Sabés cual es la diferencia entre mandar y legislar?
Cabadiñas
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 08:49 horas
O PP o que non queren para eles mándanllo aos outros. Moi bonito! Para quitarse de enriba a A-59 insisten na alternativa 11 cargándolle o morto a varias parroquias de Pazos. Gustaríame saber cales son os seus argumentos para apoiar esta alternativa pois tendo xa O Confurco conexión directa con Vigo cal é o sentido de facer pouquiños kms antes outra vía de conexión con Vigo? cos enormes custos económicos e socias que iso implica.
Os do Cadabullo
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 00:22 horas
Basito!

Recentemente fixeches unha declaración en certo foro ao respecto dalgunhas das ideas da liña política que vas a seguir se chegas a ser alcalde.

Manifestabas que o que te gustaría facer era xestionar xestionar e xestionar sen intencións políticas. Pois moi mal empezas porque ao concello vaise a facer política e ademáis ten que ser da boa e para os máis desfavorecidos.
Para asinar expedientes e asuntos de trámite chegan os funcionarios. O Concello non é unha axencia bancaria nin nada que se pareza. Queremos escoitartenas vindeiras declaracións falar de política CON MAIUSCULAS de política cultural de política lingüistica de política social . . . . o demáis querido amigo como na mili ... suponseche!

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: