www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Javier Bas aposta por un acordo político en defensa do territorio
Institucional • 27/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O candidato do PP a Alcaldía de Redondela, Javier Bas Corugeira, confía en lograr a maioría absoluta nos próximos comicios municipais. Para iso contará cun equipo onde haberá caras novas pero no que estarán tamén algúns dos actuais integrantes do grupo municipal.


O candidato do PP á alcaldía de Redondela amósase confiado no seu futuro político a pesar de carecer de experiencia neste campo. Asegura que a súa candidatura está apoiada nun "gran equipo" que está a traballar arreo para conformar un programa "no que se recollan as demandas dos veciños e as necesidades de todas as parroquias". Para iso conta cun "grupo unido" palabras que emprega para rexeitar categoricamente que no seo do grupo popular local exista división interna, a pesar de que algún ruxe-ruxe si o apuntara logo da marcha de Francisca Canal.


A través do traballo de campo, Bas está a recoller as demandas e carencias das diferentes parroquias e apunta algúns dos temas principias que van centrar o seu programa electoral: construír un polígono industrial, crear unha rede de transporte interparroquial eficaz e potenciar o turismo no municipio. En canto as infraestruturas viarias aposta pola A-57 e a súa conexión con Peinador a través da variante 11 en detrimento da A-59 (Pontevedra-Vigo) e defende que se paralice a ampliación da AP-9.  Anuncia que proporá e promoverá a unión de partidos políticos e asociacións veciñais para crear un proxecto conxunto en defensa do territorio


A súa meta é acadar a maioría absoluta para dar o relevo a un goberno bipartito que fixo "que Redondela perdera 25 anos respecto doutros concellos limítrofes que si souberon avanzar".

Comentarios
FAES
Martes 9 de Novembro de 2010 ás 16:34 horas
El secretario comarcal de Juventudes Socialistas de Redondela ¿es hijo de Javier Bas? Mira que se parecen . . . en todo. Son clavaos
Isidoro G
Xoves 4 de Novembro de 2010 ás 11:57 horas
Compañero Os de Cabullo:

En ningún momento he escrito que en los Ayuntamientos se legisle al contrario te recomiendo que vuelvas a leer el post y te darás cuenta de ello ya que en los municipios se manda no se legisla. Lo curioso es que en tu segundo comentario hablas de gestión pura y dura algo totalmente diferente a lo que pedías en un principio.

En cuanto al comentario del Seguidor simplemente decirte que despues de haber demostrado tu alta capacidad intelectual con una exposición didáctica a la par que irrefutable solo quisiera que me aclararas una duda ¿En qué entidad bancaria trabaja Bas?. Puesto que creo que el no ha trabajado jamás en ninguna
seguidor de isidoro g.
Xoves 4 de Novembro de 2010 ás 10:22 horas
después de unos días ausente sigo comprobando la buena forma de isidoro g. peñazo de individuo. lacayito dónde los haya. mejor estaría trabajando en vez de impartir lecciones eso es lo que cree él que imparte lecciones.En cuanto a BAS pobriño él quiere abarcar todas las posiciones en busca de votos pero todos los redondelanos sabemos de dónde procede y a dónde va. cuando llegue el día llevará una gran sorpresa y tendrá que volver - si le dejan - a su oficinita bancaria.
Os do Cadabullo
Mércores 3 de Novembro de 2010 ás 22:54 horas
A Isidoro G

Querido!

Ao Concello non se vai a lexislar. Esa é unha facultade que só ten o goberno da nación Galiza España EU.

En todo caso querémoste aclarar que o segredo consiste en facer unha boa diagnose da enfermidade para poder aplicar a mediciña axeitada. Eso é o que lle pedimos aos políticos que se van a presentar as vindeiras municipais.Mesmo das enfermidades das minorías porque entendemos que vos falades de enfermidades das maiorías.

Así que ....... actitude crítica con tódolos médicos/salvadores.
cuantos socialista hay aqui
Domingo 31 de Outubro de 2010 ás 20:54 horas
REALIDAD : tu sigues votando o psoe que dentro de 6 meses tes un posto no concellocomo conselleiro de bares e furanchos o quizas te pode presenta para la alcadia pero non te olvides de mi que quero un posto como o concelleiro de cultura
Realidade
Venres 29 de Outubro de 2010 ás 21:20 horas
A Realaidade é que os que pensan votar van votar porquen votan sempre. Non hai cambio nin suba da intención de voto. Vai subir a abstención e o voto nulo. Os partidos políticos municipais non fixeron ningunha modificación da súa actitude política democrática etc. todo o contrario e a cidadanía cada día está máis asqueada da pantomima da casa consistorial. Os qu epensades subir a intención de voto ides levar un bo carallo e ven merecido o tedes por practicar as sucesións monarquicas absolutistas os dereitos de pernada caciquismo etc.
Vai ser que non
Venres 29 de Outubro de 2010 ás 21:15 horas
Isidoro G non te pases de listo e lee ben. 9.000 persoas en contra da A-59 e isto inclue calquera alternativa. A alternativa 11 que defende o partido popular dende un principio é unha variante da A-59. O PP non modifica un ápice a súa postura e penso que calquera das outras partes tan pouco o farán. Bas que pense o que queira pero nin el nin o PP van enganar aun pobo que se opón a esta infraesctructura. O que fai o PP mailos outros non é precisamente recoller as demandas veciñais. Multitude de colectivos sociais e veciñais de Redondela rexeitanna.
realidad
Venres 29 de Outubro de 2010 ás 19:39 horas
javier bas quiero decirte q no voi a votartelo sientomi voto va a seguir siendo para quien tiene que iry eso es para el PSOE.
Isidoro G
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 19:13 horas
Hombre si Bas está en contra de la A-59 y hay 9000 personas que están en contra de la A-59 ¿Por qué estás interesado en que mueva su posicionamiento?
Vai ser que non
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 19:02 horas
Se o PP quere recoller as demandas dos veciños de Redondela non debera esquecer selectivamente que Redondela presentou mais de 9.000 alegacións con máis d e 9000 nomes apelidos e DNIs en contra da A-59 e isto inclue claquera alternativa. Así mesmo os veciños de Saxamonde propietarios dos terreos nos que algúns avispados contemplan construir un polígono sobre uns tereos que non lles pertencen presentaron as súas lexítimas e soberanas alegacións contra o Polígono eso é escoitar as demandas dos veciños.

Por certo non sei como o PP pensa chegar a un acordo sen mover un ápice o seu posicionamento.

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: