www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

As patinadoras do club Bolboreta non poderán adestrar no pavillón de Chapela
Institucional • 28/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Concelleiro de deportes, Carlos González asegura que o centro deportivo está ocupado dende as 9:30 ata as 22:00 horas e rexeita adiantar a súa apertura ás oito da mañá tal e como lle demandaran as deportistas.

 


O concelleiro de deportes, Carlos González afirma que o centro deportivo está ocupado todos os sábados dende a súa apertura ás 9:30 horas da mañá e ata o seu peche ás dez da noite. O edil, que compareceu onte na sesión plenaria a petición do PP, rexeitou adiantar o horario de apertura do pavillón ás 8 da mañá tal e como lle demandan os pais e nais das 80 rapazas que conforman o club de patinadoras.


A petición, que se debateu no pleno a raíz dunha petición do Partido Popular, recolle unha demanda das patinadoras, quen actualmente se teñen que desprazar ata a cidade de Pontevedra a adestrar.


Este grupo federado solicita dende hai tres anos a cesión de unha hora e media ou dúas horas á semana para o seu equipo de competición feminino. Sen embargo o edil asegura que non existen ocos baleiros no pavillón e rexeitou que se poida abrir antes das 9:30 da mañá, porque ese é o horario do conserxe.


Unha representación do equipo de patinadoras abandonou a sala indignada pola postura esgrimida dende a Concellería de deportes.

Comentarios
Isidoro G
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 19:35 horas
Nunca dije que no ni todo lo contrario
Arturo
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 16:18 horas
Ostrás pero tí es votante do bipartito?
Isidoro G
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 13:36 horas
Como se puede apreciar el Bipartito sigue manteniendo esa linea que tan buen resultado le ha dado : dialogante social y nunca olvidando a la juventud.
Vergüenza nos debería dar seguir votandolos
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: