www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O Concello reclama á Xunta que mellore a atención sanitaria e manteña o servizo do Noitebús
Institucional • 28/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A sanidade e o servizo de autobuses nocturno foron os dous temas que centraron a maior parte da sesión que se celebrou onte en Redondela. Finalmente, os votos a favor de PSOE e BNG permitiron sacar adiante dúas mocións encamiñadas a reclamar ao goberno galegos melloras na atención médica e o mantemento das liñas do Noitebús


Os nacionalistas a través dunha moción, reclamaban oo resto dos grupos o seu apoio para esixir da xunta un maior investimento na sanidade pública para garantir o servizo e a mellora da atención aos pacientes. Aseguraban na súa exposición de motivos que as listas de espera están a incrementarse tanto na atención primaria como nas citas para o especialista, que nalgúns casos "se demoran ata tres anos" segundo explicou o edil Carlos Pazos.


Dende o PSOE o voceiro Emilio González Iglesias centraba a súa intervención nas repercusións que estes recortes están a ter nos centros de saúde do concello. En concreto lembraba que no verán non se cubriron as vacacións dos médicos no Centro de saúde de Chapela o que provocou longos atrasos importantes na atención. Fixo fincapé tamén no incumprimento do Goberno galego por non asumir os gastos de dito centro cando a pesar do acordo coa Fegamp que así o establecía.


O PP argumentou o seu voto en contra da moción alegando que a situación económica obriga a  algúns recortes "o cal non vai impdir que se faga un hospital en Vigo". Criticou que o goberno local falase agora da necesidade de introducir melloras cando "en época de vacas gordas rexeitaron demandarlle ao bipartito un pediatra para o concello"


Noitebús


Aprobouse tamén demandar que a Xunta manteñas as liñas do Noitebus que funcionan na actualidade. A proposta chega logo de que o goberno galego anunciase a súa intención de suprimir este servizo cuxa posta en marcha na anterior lexislatura estaba encamiñado a mellorar a seguridade vial e reducir a siniestralidade. En Redondela os autobuses nocturnos funcionan os venres, sábados e vésperas de festivo e comunican Redondela co centro de Vigo e coas parroquias.


Dende o PP entenden que se produza unha "reestruturación do servizo" tendo en conta por unha banda que a nosa comunidade é a que ten un maior número de liñas de todo o estado, cun total de 194 e pro outra que en moitos casos os autobuses van practicamente baleiros


O PSOE lembraba que o elevado número de liñas responde á demografía da comunidade e acusou aos populares de falta de sensibilidade cara un servizo que serve para salvar vidas.


No mesmo sentido se manifestaban os promotores da moción. O BNG acusaba aos populares de contradicirse xa que "mentres estaban na oposición esixían non so o mantemento do servizo senón incluso o incremento no número de liñas e, o que antes era esixible pasa agora a ser prescindible"


Ambas as dúas cuestións saíron adiante cos votos a favor do goberno local e o voto en contra do PP.

Comentarios
gerolio
Domingo 31 de Outubro de 2010 ás 16:57 horas
ISAAC
PRIMERO : decirte que son declaraciones del Ministro de que se sacara el tren del cercanias para meter el Ave que solo lo podera usa gente de clase alta
SEGUNDO :Habla de tener respecto al ministro de fomento el devia de tener un poco de respecto a los gallegos/as queriendo hacer un tren que solo lo podera usar gente de clase alta y dejando a galicia
sin tren de cercanias y queriendo hace una autovia innecesaria que destruira patrimonio y dejara mucho vecinos sin agua y destruira el paisaje tan bonito que tenemos y aran un agujereran el monte de la peneda y
que costara 223 millones de euros y no sacara coches del puente del rande como dice el Ministro de fomento .
TERCERO :Habla de tener respectar a Xaime Rey quiero decirte el nunca tuvo respecto a los ciudadanos redondelano porque cuando vas hablar con el te dice a todo que si y cuando llege la hora nunca hace nada y cuando estas por la calle y habla con el se rie de ti

CUATRO:Ahora que se va Xaime Rey quedara al mando eduardo Reguera alcalde por acidente y tu de secretario del partido y relaciones publicas del psoe
Isidoro G
Sábado 30 de Outubro de 2010 ás 11:21 horas
Yo creo que el respeto lo debería tener Pepiño Blanco hacia el Ministerio de Fomento y sobre todo hacia los ciudadanos.
isaac
Sábado 30 de Outubro de 2010 ás 00:20 horas
primeiro un respeto o ministro de fomento q se chama jose blancono pepiño blancook??hai q ter decenciapor favor.
e segundo non fales por falargracias o noso alcalde redondela terá estación de tren nos Eidosno centro de Redondelae xa sei q as obras causan molestiase iso o entendo o q temos q loitar e q fagan o mellor dano os cidadáns e o medio.
E por últimopepe blanco non vai eliminar as cercaniassenon q as vai fomentardende redondela estarase en vigo en 5 minen compostela en 30 mine na coruña en 45 min
e finalmente un respeto o noso alcalde.
Suma e sigue
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 15:12 horas
Máis as pelotas de goma as balas a guerra de Iraq Afganistán etc. o aumento de plantilla das forzas de represión social as plantillas de asesores e conseleliros políticos enchufes de amigos familiares e simpatizantes na adminstración pública máis os ERES amañados mási a Prexubilación privilexiada de certso traballadores de 50 anos etc. están arruinando o pais
Cidadán
Xoves 28 de Outubro de 2010 ás 15:09 horas
Os orzamentos que ZP Pepiño Blanco Feijoo Aznar etc. se están gastando no AVE nas autovías nos tres aeroportos galegos na visita do Papa nos traxes de Camps o que roubou Roldán Julián Muñoz La Pantoja etc. máis adicacions exclusivas e parciais máis plus de altos cargos máis o que defraudan a facenda e a SS clubs de futbol grandes empresas multinacionais o sobrecuste das privatizacións de servizos públicos máis o que se lle regala aos bancos para que se \\\"saneen\\\" e fusionen etc. . . non da para tanto por eso amigos cidadáns o goberno de dereitas de ZP ou Rajoy voltan na contra de quen os vota recurtando dereitos e servizos.
[1-5]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: