www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Un curso de defensa persoal e un obradoiro de fotografía, propostas de Igualdade para novembro
Institucional • 29/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería proponlle ás mulleres que aprendan técnicas básicas para defenderse ante un eventual ataque. Convida tamén aos máis novos a reflexionar sobre a violencia de xénero a través dun curso de fotografía. Ambas as dúas actividades arrincarán na primeira semana de novembro


O vindeiro martes arranca un curso de fotografía orientado a mozos e mozas do concello baixo o lema "As imaxes da violencia". Os participantes ademais de aprender técnicas da fotografía, como encadrar, captar o movemento e iluminar tamén traballarán sobre a violencia de xénero a través desta disciplina. O obxectivo do curso é que os asistentes reflexionen sobre este problema social e poidan evitar padecer , promover ou permanecer indiferentes ante a violencia de xénero. O curso terá unha duración de vinte horas e impartirase todos os martes do mes de novembro de 17:30 a 19:30 horas na Casa da Cultura.


Defensa persoal


Por outra banda, a Concellería organiza tamén un curso de defensa persoal para mulleres que se impartirá todos os mércores de novembro a partir das 20:00 horas no ximnasio DoYang. O obxectivo desta actividade é proporcionar ás participantes técnias básicas e ferramentas para afrontar unha suposta situación de risco persoal na que se ataque fisicamente a súa integridade.


A participación en ambos os dous cursos é gratuíta, poden inscribirse no Centro de información ás mulleres, na rúa Isidoro Queimaliños ou ben chamando ao teléfono 986 40 80 43.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: