www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Os centros sociais terán conexión wifi
Sociedade • 29/10/2010
Autor: Lorena Otero

Os veciños poderán conectarse a Internet nos centros culturais a través do seus portátiles, PDA´s ou móbiles. A iniciativa enmárcase dentro do proxecto Marisma que tamén permitirá navegar pola Rede sen fíos na zona da Xunqueira, a Alameda e en parte do río Pexegueiro.



Este venres o alcalde de Redondela, Xaime Rei, e o representante da empresa Quobis Networks, de Porriño, asinaron o contrato para a execución das obras de instalación de puntos de acceso wifi nos centros sociais do municipio. As obras de instalación dos puntos de acceso executaranse en sete meses e contarán cun orzamento de 140.140 euros, que serán cofinanciados coa axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.
A creación desta rede wifi enmárcase dentro do proxecto Marisma que levará a conexión a Internet sen fíos aos centros culturas do concello pero tamén ás zonas da Xunqueira, á Alameda e no tramo urbano do río Pexegueiro, co obxectivo de facilitar o acceso a internet á cidadanía, en especial, a aquelas persoas que residen en parroquias onde as infraestruturas de rede non lles permiten a conexión de banda ancha nas vivendas particular. A instalación desta rede wifi permitirá aos veciños que se poidan conectar a través dos seus portátiles, PDA´s e teléfonos móbiles a internet sen fíos nos centros sociais das súas parroquias.

Comentarios
veciño
Mércores 3 de Novembro de 2010 ás 19:08 horas
SE é como dis "ó centro social chega o ADSL igual que a calquera casa nosa e alí móntase un punto wifi para dar cobertura ó centro e por proximidade ó entorno de este ou a todas zonas que poidan captar o sinal en liña recta e sempre que a distancia llo permita". O Concello de Redondela de levar acabo os seus plans subvenciona que unha determinada compañía instale un un determinado aparato que ao mellor daría wifi por un tempo gratis para o centro social pero non así para os demáis usuarios particulares ao que teña acceso o sinal wifi polo que o concello funciona ao xeito de cabalo de troia da compañía instaladora que abriría un mercado de clientes a partir dunha instalación subencionada con fondos públicos e que a acompañía podería empregar para facer o seu negocio particular e sería un punto de partida a ampliar o servizo a outros particulares que reclamaran o servizo. NOn hai wifi gratis. Usaranse fondos públicos para promocionar un negocio privado. NOn haberá wifi gratis para ninguén só en promoción temporal en compensación pola subvención.
Neste caso pareceme ben
Martes 2 de Novembro de 2010 ás 09:12 horas
Igual que outras actuacións me parecen moi nefastas por parte do goberno de redondela PSOE + BNG autovia A-59 polígono recheos de Rande ampliacion ponte de Rande neste caso paréceme unha inciativa interesante igual que o recente desmantelamento das torretas de media tensión de Redondela que iso xa debería ser cousa de Unión Fenosa xa que a lexislación debería prohibir este tipo de liñas en zonas altamente habitadas.

Pois iso a rede wifi paréceme interesante. En todo caso comentar que o que teño entendido é que é wifi para os centros sociais non para todo o territorio. Por ese motivo creo que este sistema non é unha Wimax senon que ó centro social chega o ADSL igual que a calquera casa nosa e alí móntase un punto wifi para dar cobertura ó centro e por proximidade ó entorno de este ou a todas zonas que poidan captar o sinal en liña recta e sempre que a distancia llo permita.

Saúdos
Hoxe no Diario de Arousa
Domingo 31 de Outubro de 2010 ás 12:58 horas
El BNG reconoce que el servicio Wimax se prestó dos años sin contrato pero niega que haya deuda

M. ANGUEIRA > CUNTIS
La red Wimax se ha convertido en objeto de un nuevo enfrentamiento entre el grupo municipal del BNG y el Ejecutivo socialista que desde que en verano se rompió el pacto de gobierno no hacen más que tirarse los trastos y estar en permanente conflicto. En esta ocasión la polémica nace a raíz de la decisión del gobierno local de suprimir la red Wimax un servicio que había sido impulsado en 2008 por el BNGcon la inversión de 94.000 euros aportados por la Xunta de Galicia.
Tras un período de prueba inicial de seis meses a cargo de la empresa que realizó la instalación el mantenimienot del servicio debería haberse sacado a licitación pero el BNG reconoce que se estuvo prestando dos años sin contrato y sin cobrar a los usuarios. La ex teniente alcaldesa y portavoz del grupo municipal del BNG Belén Pazos indica que “pedímoslle á empresa que alongase o período de proba ata que se rematara co proceso de municipalización da rede que efectivamente foi moi complexo” y que no remató hasta el finales del pasado mes de julio. “Somos o primeiro concello de Galicia” en tener una red Wimax municipalizada un trámite que permite sacar a contratación el servicio adaptándose a la normativa de Telecomunicaciones que hasta ahora se estuvo incumpliendo entre otras cosas al estar prestando el servicio gratuitamente. El alcalde en funciones de Cuntis Manuel Campos incide en este punto: “En ningún momento estamos en contra do servizo prestado pero sempre que se faga segundo as normas establecidas. Non é de agrado ter que cortar a rede Wimax pero tivemos que facelo orque incumría as nomas da Comisión Nacional do Mercado de Telecomunicacións”. Campos Velay indica que el gobierno cuntiense está “analizando as distintas posibilidades existentes” para volver a prestar el servicio cumpliendo la legislación.

La visión del BNG es distinta. Asegura que la decisión de cortar la red Wimax “supón un problema terrible para moitas familias” especialmente para aquellas que disponen de track digital y sólo pueden acceder a Internet a través de este sistema. El BNG celebró ayer una reunión con algunos usuarios del servicio si bien se desconoce cuántos son. Manuel Campos indica que “tratamos de poñernos en contacto con todos os usuarios pero foinos imposible porque a empresa que o xestionaba negouse en todo momento a darnos o listado das persoas e tampouco o facilitou a concelleira responsable naquel momento”.

En cuanto a la deuda de unos 83.000 euros que según el gobierno socialista le reclama la empresa por este tiempo que estuvo prestando el servicio gratuitamente el BNG niega que exista. “Nunca adquirimos ningún tipo de compromiso económico nin se asinou ningún tipo de contrato polo mantemento da rede polo que resulta preocupante que o PSOE se adique a enganar aos veciños falando de facturas que non existen. Iso é un invento do PSOE” asegura Belén Pazos.
Antenas Non!
Domingo 31 de Outubro de 2010 ás 12:31 horas
Polo que teño lido no Diario de Pontevedra en Cunits concello da provincia de Pontevedra tiveron que suspender o servizo dunha rede wimax promovida polo concello que ofrecía conexión wifi a algúns habitantes do concello. O servizo debeu suspenderse cando a empresa que xestionaba o servizo lle reclamou ao Concello máis de 82.000 € pola prestación do servizo. Segundo o medio de información e por boca dos partidos políticos que formaban parte do bipartito ofrecer internet gratis dende a administración local é ilegal. A wifi do Concello de Redondela vai traer polémica. NOn vai ser gratis e vaise ver suspendida en calquera momento sen avisar e o que quira seguir vai ter que pagar. POr outra parte non beneficia a todos e perxudica a quen non quere saber nada de wifis!
Arturo
Domingo 31 de Outubro de 2010 ás 11:33 horas
Sen que serva de precedente penso que no asunto do wi-fi ten razón Isidoro outros moitos concellos da comarca levan disfrutando deste servicio anos. Aquí véndese como algo incrible. E é que a unha cousa non nos gaña ninguén: a políticos iñorantes.
Antenas non!
Sábado 30 de Outubro de 2010 ás 22:59 horas
Vos chupades o dedo ou? Que casualidade que o goberno ten iniciativa. Tamén credes nos reis magos? É ao que vende as wifis e cobra a conexión a quen lle interesa poñer esa tenoloxía que subenciona a Europa do capital donde as multinacionais das novas tecnoloxías entre outras mandan! Aproveitarán as infraesctruturas para darlle servizo a outros clientes privados. De gratis nada. Pagamola tod@s! A parte que é ilegal que unha administración ofreza wifi gratis. A ver se seguides pensando que nos un día cada catro anos decidides algo neste pais!
Aburrido
Sábado 30 de Outubro de 2010 ás 18:44 horas
Creo que esaxeramos moitas veces co goberno localiniciativa coma estas son as que hai que apoiar!!Desafortunadamente moitas cousas non se fan coma deberíanpero non podemos criticar todo o que se faimoitas están mal e outras están ben!
Isidoro G
Sábado 30 de Outubro de 2010 ás 11:15 horas
Quisiera dar mi enhorabuena al Gobierno Municipal por innovar y arriesgarse a la hora de instalar este tipo de servicio. Gracias a esta medida adoptada nos hemos convertido en el único municipio de Galicia que ofrece una conexión wifi de manera gratuita a todos los vecinos.

Con esta medida queda más que demostrado que tanto al actual alcalde como al candidato a las próximas municipales aún les quedan muchas ideas y proyectos para seguir mejorando como han venido haciendo hasta la fecha nuestro querido pueblo.

Es posible que haya opiniones contrarias que digan que municipios como Ponteareas ya la tienen desde el 2003 Soutomaior y Cambados desde el 2007 o Pontecesures desde el 2008. Quizás haya quien opine que en estos pueblos la conexión wifi abarca la mayor parte del municipio y no solo los centros sociales.

A pesar de lo que digan puedo afirmar sin miedo a equivocarme al decir que somos el primer Ayuntamiento de Galicia en tener este tipo de conexión ya que no hay ningún otro municipio con dos viaductos que empiece por Redo y que tenga una parroquia llamada O Viso que lo tenga.

Animo y adelante queridos gobernantes!!!!!
Piotr Kroptov
Sábado 30 de Outubro de 2010 ás 00:59 horas
Antenas non! Se non sabes comentámolo a frecuencia deste wifi non é telefónico senón por una frecuencia semellante á da radio así que non te asustes. Se hai que criticar algo desta iniciativa é o retraso. Debía estar en funcionamento hai xa un ano...
Respecto da empresa privada. Podemos comentar que é privada a instalación e seguramente o mantemento pero o uso da wifi será pública e aberta con certas restricións. A promoción do privado sería manter o abuso das compañías de telefonía.
calaaa
Sábado 30 de Outubro de 2010 ás 00:11 horas
cala jodernoraboa o goberno municipal
meus parabéns.

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: